Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Tema:

Mostrando contidos 1 a 10 de 12

Convenio digno para o metal de Pontevedra

  • Foron precisas quince reunións e numerosos actos de protesta para evitar a perda de dereitos e subir os salarios

CCOO e UGT anuncian que chegaron a un acordo previo coas patronais ASIME, ATRA e Instalectra para un novo convenio no sector do metal da provincia de Pontevedra, polo que se desconvoca a folga prevista para mañá xoves.

«A patronal estanos retando e pelexarémolo na rúa», afirmou o secretario comarcal de CCOO-Industria en Vigo, Celso Carnero.

Concentración diante de Talleres Fontán, en Vigo (1-3-2021)

Este luns tivo lugar a primeira das mobilizacións convocadas CCOO, UGT e CIG para desbloquear as negociacións do convenio metal da provincia de Pontevedra.

Concentración do sector do metal de Pontevedra en decembro de 2020

CCOO, UGT e CIG anuncian mobilizacións no mes de marzo ante a persistencia no bloqueo das negociacións do convenio do metal da provincia de Pontevedra. Após catorce reunións, a parte empresarial teima e introducir elementos que precarizarían as condicións de traballo.

Concentración do sector do metal de Pontevedra en decembro de 2020

CCOO, UGT e CIG anuncian que van preparar un novo calendario de mobilizacións para o sector do metal da provincia de Pontevedra. Após trece reunións, a parte empresarial teima e introducir elementos que precarizarían as condicións de traballo.

A patronal do sector senta a negociar grazas á presión dos sindicatos

  • Aprázase a mobilización prevista para o día 3 de febreiro

Os sindicatos CCOO, UGT e CIG informan do aprazamento da mobilización prevista para o día 3 de febreiro. Toman a decisión tras seren convocados pola patronal a unha xuntanza para ese mesmo día.

Concentración do sector do metal de Pontevedra en decembro de 2020

Os sindicatos CCOO, UGT e CIG preparan unha concentración para dentro de tres semanas polo bloqueo nas negociacións do convenio do metal da provincia de Pontevedra.

O sector do metal da provincia de Pontevedra esixe un convenio digno

  • CCOO, UGT e CIG concentráronse esta mañá en Vigo para esixir un «convenio xusto»

Delegados e delegadas sindicais de CCOO, UGT e CIG concentráronse esta mañá diante da patronal ASIME, en Vigo, e esixiron un «convenio xusto» para o sector do metal da provincia de Pontevedra.

Os sindicatos reprochan a falta de vontade negociadora da patronal

Despois de nove xuntanzas da mesa negociadora do convenio provincial do metal de Pontevedra, CCOO, UGT e CIG repróchanlle á patronal a «nula vontade» para conseguir un acordo. Os sindicatos lembran que fixeron un «esforzo común» ao consensuar as propostas e así desbloquear a negociación para conseguir un convenio que volva ser «referente» no sector.

CCOO esixe recoñecer o esforzo das traballadoras e traballadores do sector do metal

Após a terceira mesa de negociación do convenio do metal da provincia de Pontevedra, a Federación de Industria de CCOO insta a patronal a «abandonar as mensaxes derrotistas». O sindicato tamén esixe «responsabilidade» de todas as partes para impulsar a reactivación da economía, que ha ir por un camiño diferente aos recortes do 2008, «que só serviron para eliminar dereitos».