Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

Tema: Limpeza de edificios da Coruña

Mostrando contidos 1 a 10 de 12

O xoves asinouse na Coruña o convenio provincial de limpeza de edificios, que regula as condicións laborais dunhas dez mil persoas, a maioría mulleres. Malia que o documento non satisfai todas as expectativas de CCOO do Hábitat, o sindicato rubricou o texto xa que esa foi a vontade expresada pola maioría das traballadoras e traballadores nas asembleas que tiveron lugar a comezos de mes.

Momento das votacións na asemblea de Santiago de Compostela

  • CCOO do Hábitat expresa o seu «claro e merecido recoñecemento» aos traballadoras e traballadoras «que ata o último momento apostaron por unhas mellores condicións laborais»

Un de cada catro traballadores e traballadoras apostaba por manter aberto o conflito ao xulgar «insuficientes» os avances.

Mobilizacións do persoal de limpeza de edificios da provincia da Coruña

CCOO do Hábitat sinala que o acordo é «insuficiente» e queda «moi lonxe» dos obxectivos recollidos na plataforma reivindicativa.

Manifestación en Santiago de Compostela por un convenio xusto no sector de limpeza de edificios da provincia da Coruña (12/5/2021)

Malia a desfavorable predición meteorolóxica, unha multitudinaria manifestación percorreu este mércores as rúas de Santiago de Compostela para esixir un convenio xusto no sector de limpeza de edificios da provincia da Coruña. Foi o acto central no terceiro día de folga convocada en menos de tres semanas.

As fregonas amarelas reivindican a dignidade do sector

O sector da limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña, chamado a dúas xornadas de folga os días 11 e 12 de maio, volveu hoxe ás rúas para esixir un convenio digno.

De esquerda a dereita, Manuel Carreira (UGT), Paulo Rubido (CIG) e Ricardo Santos (CCOO)

  • Malia que nestes centros de traballo contan con acordos de empresa, veríanse prexudicados pola pretensión da patronal de recortar artigos do convenio provincial

Isto supón incluír nos paros entre 350 e 400 traballadores e traballadoras máis, que se suman aos case dez mil que xa estaban chamados á folga.

Folga no sector da limpeza de edificios da provincia da Coruña (22/4/2021)

  • Se a patronal non rectifica, os paros volverán os días 11 e 12 de maio

Despois de sete meses de negociacións, a patronal teima en conxelar os salarios, malia o aumento da carga de traballo pola aplicación dos protocolos covid.

De esquerda a dereita, Manuel Carreira (UGT), Paulo Rubido (CIG) e Ricardo Santos (CCOO)

Tras máis de sete meses de negociacións, a patronal do sector teima en conxelar os salarios, malia o incremento de traballo por mor dos protocolos covid.

Cazolada por un convenio digno no sector de limpeza de edificios da provincia da Coruña (5-3-2021)

Os sindicatos CCOO, UGT e CIG castigaron cunha cazolada diante das sedes de Eulen, Clece e da patronal da Coruña, a situación de bloqueo do convenio provincial de limpeza de edificios.

A protesta terá lugar cunha cazolada

O venres, 5 de marzo, unha cazolada diante das sedes de Eulen, Clece e da patronal da Coruña. Será o paso previo a unha posible folga no sector.