Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO!
Unai Sordo (esq.) e Ramón Sarmiento (der.)

Unai Sordo afirma no Consello Nacional de CCOO de Galicia que o sindicato está preparado para «pasar á ofensiva»

  • O secretario xeral confederal alertou de que haberá unha próxima crise de emprego se non se corrixen as «vellas pautas de funcionamento» que desembocaron na crise económica
18.09.2017.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia celebrou este luns, 18 de setembro, o seu primeiro Consello Nacional tras o 11.º Congreso do pasado mes de maio. O conclave transcorreu no edificio CERSIA, en Santiago de Compostela, e nel participou como convidado o secretario xeral confederal, Unai Sordo, quen interveu perante os membros do máximo órgano das CCOO de Galicia entre congresos.

A Rede denuncia os incumprimentos do Estado español coas persoas refuxiadas

A Rede Galega en Apoio ás Persoas refuxiadas denuncia os incumprimentos do Estado español

  • O colectivo, do que forma parte CCOO, inicia hoxe unha semana de accións de protesta en Santiago de Compostela
19.09.2017.

A Rede Galega en Apoio ás Persoas refuxiadas alerta de que o vindeiro 26 de setembro expira o prazo de dous anos nos que Estado español se comprometía a acoller 17.337 persoas que precisaban asilo internacional. Cando faltan poucos días, o Estado español unicamente deu refuxio a pouco máis do 11 %, concretamente 1983.

Fotografía de arquivo dunha das mobilizacións do sector coruñés do metal

Acordo previo para o convenio do metal da provincia da Coruña

16.09.2017.

Ao amparo da mediación do Consello Galego de Relacións laborais, CCOO e UGT chegaron a un acordo previo coa patronal para renovar o convenio do metal da provincia da Coruña. A mediación chegou após ambos os sindicatos presentaren unha convocatoria de folga indefinida, o que forzou a parte empresarial a desbloquear a situación.

Comezan os cursos de prevención de riscos laborais de CCOO

13.09.2017.
O primeiro dos cursos comezou hoxe en Santiago de Compostela, impartido por Manuela Caneda

Hoxe comezaron os cursos de prevención de riscos laborais organizados por CCOO. Esta acción formativa realízase ao abeiro da Orde do 3 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2017

CCOO reitéralle á Xunta a súa oposicion ao anteproxecto para modificar a Lei de saúde de Galicia

  • A Federación de Sanidade de CCOO fíxolle chegar á Administración autonómica as súas alegacións a esta iniciativa
11.09.2017.
CCOO rexeita o anteproxecto

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras reiteroulle hoxe á Xunta a súa oposición ao anteproxecto para modificar a Lei 8/2008 de saúde de Galicia. Así llo fixo saber o sindicato á Dirección de Recursos Humanos do Sergas no escrito de alegacións a esta iniciativa. CCOO pide a retirada do anteproxecto por resultar «lesivo» para a cidadanía e para os traballadores e traballadoras do ámbito.

Galeuscat sindical: perspectivas do diálogo social e a negociación colectiva no ámbito autonómico

  • CCOO de Galicia participa en Barcelona nunha nova edición do encontro sindical galego, vasco e catalán
  • Debate a tres sobre o modelo sindical confederal diante dos feitos nacionais
08.09.2017.
Intervención de Ramón Sarmiento na tarde do xoves no CTESC

Unha delegación do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participa o xoves e o venres desta semana nunha nova edición do Galeuscat sindical, que nesta ocasión organiza CCOO de Cataluña.

Ramón Sarmiento: «Estabamos preocupados pola industria galega, pero tras coñecermos o plan do PP aínda o estamos máis»

  • O secretario xeral do sindicato e os responsables das federacións do sector privado valoraron a proposición de lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia
06.09.2017.
De esq. a der., Pedro Comesaña, Lucía Trenor, Ramón Sarmiento e Sergio López

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras fixo hoxe unha primeira valoración da proposición de lei (PDL) para a implantación de iniciativas empresariais en Galicia, que presentou pola vía de urxencia o Grupo Parlamentario Popular. O secretario xeral do sindicato, Ramón Sarmiento, expresou que, se xa estaban preocupados pola situación da industria galega, «a iniciativa do PP multiplica exponencialmente a nosa preocupación».

Os datos do paro rexistrado demostran que un modelo produtivo precario dá como resultado emprego precario

  • CCOO demanda ao Goberno que os orzamentos de 2018 se orienten cara a un novo modelo produtivo
04.09.2017.
Oficina de emprego en Galicia

Os datos publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego reflicten que o desemprego se reduciu a base de crear emprego precario. CCOO chama a atención sobre o elevado número de contratos formalizados (90.305) para tan só 2293 afiliacións máis. Se ademais temos en conta que o 94,34 % dos contratos rexistrados son temporais, podemos concluír que o emprego que se está a crear é precario e ten data de caducidade.

O peche dura xa 73 días

CCOO acompañou no seu peche reivindicativo as veciñas e veciños de Rianxo

  • A veciñanza esixe un centro de día para esta localidade barbanzá
21.09.2017.

Unha representación da Unión Intercomarcal de CCOO de Santiago-Barbanza acompañou na tarde do mércores, día 20 de setembro, as veciñas e veciños de Rianxo, que levan dous meses e medio pechados no salón de plenos. Con esta acción reivindican un centro de día para esta localidade barbanzá, petición que é compartida polo sindicato.

A Federación de Servizos asinou o novo convenio | Foto orixinal Álex O'Neal (Flickr)

Asinado o convenio do comercio de alimentación de Ourense

  • A suba salarial lineal fará aumentar case un 10 % os salarios das categorías peor remuneradas, que tiñan os soldos máis baixos de todo o sector en Galicia
20.09.2017.

Esta semana, todos os sindicatos con representación chegaron a un acordo para asinar o novo convenio colectivo do comercio de alimentación da provincia de Ourense, caducado en 2016. A base foi o texto anterior, no que se incorporaron melloras substanciais como os protocolos de acoso, o articulado sobre prevención de riscos, así como novidades positivas en materia laboral e social. Este convenio terá como vixencia o período 2017-2020, informa a Federación de Servizos de CCOO.

Estréase en outubro o documental 'Vigo 1972'

  • A longametraxe describe a histórica folga que hai 45 anos paralizou a cidade e a comarca
  • Durante tres semanas, Vigo foi o epicentro do movemento obreiro galego
19.09.2017.
A longametraxe chega aos cinemas o 6 de outubro

O vindeiro 6 de outubro estrearase nos vigueses Multicines Norte o documental "Vigo 1972. A hora da verdade". Trátase dunha longametraxe documental centrada na histórica folga xeral que tivo lugar ese ano na comarca viguesa. A obra combina recreacións de época con testemuños.

CCOO rexeita o convenio provincial da Coruña de tinturerías e lavanderías por «desvalorizar» as condicións laborais

  • O sindicato critica as organizacións que asinaron o acordo previo por renunciaren a «importantes complementos», o que suporá «notables» perdas salariais para o persoal
14.09.2017.
CCOO rexeita o convenio por desvalorizar as condicións laborais | Foto: Sir Mildred Pierce (Flickr)

A Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia non asinará o convenio provincial da Coruña para o sector de tinturerías e lavanderías, xa que desvaloriza as condicións laborais. O sindicato critica as organizacións que aceptaron a «insultante» proposta patronal e asinaron o acordo previo (CIG, USO e CSI-F) por renunciaren a «importantes complementos», o que suporá «notables perdas salariais» para as traballadoras e os traballadores do ámbito.

A saída de Arteixo do Consorcio das Mariñas deixa 19 traballadores fixos de Cespa en risco de seren despedidos

  • O comité de empresa convoca a todo o persoal a unha asemblea o próximo día 18 de setembro, na que se analizarán as posibles medidas que han adoptar
08.09.2017.
Web do Consorcio das Mariñas

A empresa Cespa, concesionaria do servizo de recollida de residuos do Consorcio das Mariñas, entregoulle a pasada semana ao comité de empresa o plan organizativo de traballo tras a saída do Concello de Arteixo deste ente supramunicipal. Após analizaren o documento, os representantes do persoal, que pertencen a CCOO e CIG, comprobaron que a realización do servizo se fará con 19 traballadores fixos menos; tamén que non se achegaban datos sobre posibles baixas ou contratacións eventuais.

CCOO-Ensino denuncia que o novo curso comeza con desorganización, menos centros e menos profesorado

  • O sindicato lamenta que aumente o profesorado que imparte materias afíns no canto daquelas en que son especialistas, xa que empeora a calidade educativa
04.09.2017.
De esq. a der., Verísimo Pazos, Luz López e José Fuentes, de CCOO-Ensino

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia explicou hoxe os condicionantes do novo curso, que logo comeza. Segundo o sindicato, continúa a tónica dos últimos anos: desorganización por parte da Xunta, menos centros e menos profesorado como consecuencia dos recortes. Segundo CCOO, os «desastres» do inicio de curso adiantáronse ao mes de xuño, cando a Consellaría decidiu eliminar de forma unilateral e arbitraria etapas educativas en varias zonas de Galicia.

CCOO esixe solucións «urxentes» para garantir o sistema público de pensións

  • O sindicato analizou esta materia fundamental coa voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz
04.09.2017.
De esq. a der., Carlos Mella, Yolanda Díaz e Ramón Sarmiento

Comisións Obreiras (CCOO) esixe solucións «urxentes» para garantir o sistema público de pensións. Así o expresaron os representantes do sindicato após unha reunión coa voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz. O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, instou as forzas da esquerda a traballaren para contrarrestar as medidas «antisociais» do PP. Na mesma liña se pronunciou o responsable da Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO, Carlos Mella, quen lembrou que a «maioría» de pensionistas están a manter «fillos ou netos no paro ou con empregos precarios».

Manifestación do metal en Santiago de Compostela
Manifestación do metal en Santiago de Compostela
Presentación proposta de unidade sindical
Presentación proposta de unidade sindical
11.º Congreso Nacional - Resumo da intervención de Ramón Sarmiento
11.º Congreso Nacional - Resumo da intervención de Ramón Sarmiento
En CCOO loitamos pola igualdade real entre homes e mulleres
En CCOO loitamos pola igualdade real entre homes e mulleres
  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia