Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!
Na fotografía, manifestación na Coruña o pasado 25 de setembro

Manifestación na Coruña o 22 de outubro contra o traslado de servizos e emprego iniciado por R Cable

  • Previamente, o mércores 16 de outubro, terá lugar ás 12 horas unha concentración na Coruña diante do edificio administrativo da Xunta en Monelos
14.10.2019.

Os sindicatos Comisións Obreiras, CGT, CIG e UGT convocan unha manifestación o vindeiro 22 de outubro, martes, para esixirlle a R Cable a paralización inmediata do traslado de servizos e emprego fóra de Galicia. Unha deslocalización que, no caso dos servizos de operación e mantemento de rede, previsiblemente se fará efectiva o 31 de outubro, afectando a numerosas empresas e a centos de traballadores e traballadoras en toda a provincia.

Imaxe do peche na Coruña

Peche de traballadores das auxiliares de Endesa-As Pontes na oficina territorial da Coruña

  • O peche conta co apoio de CCOO, CIG e UGT e busca presionar para que se manteña o emprego nas auxiliares da central térmica
14.10.2019.

Durante esta mañá, uns trinta traballadores das empresas auxiliares de Endesa As Pontes pécharonse na oficina do director territorial noroeste de Endesa, Miguel Temboury, para esixir unha solución ao mantemento do seu emprego.

Un momento da concentración

CCOO arroupa en Ferrol os traballadores denunciados despois da protesta de Alcoa en Madrid

  • Traballadores e cargos públicos recibiron as citacións xudiciais por un suposto delito de «atentado» contra a autoridade
08.10.2019.

Comisións Obreiras (CCOO) arroupou hoxe en Ferrol os traballadores denunciados após a protesta do persoal de Alcoa en Madrid o pasado 28 de marzo. Ao abeiro da lei mordaza, foron denunciadas varias compañeiras e compañeiros que aquel día participaron na concentración que tiña lugar diante do Congreso dos Deputados. Traballadores (entre eles, dirixentes sindicais) e cargos públicos recibiron as citacións xudiciais por un suposto delito de «atentado» contra a autoridade.

O persoal iniciou a marcha o pasado martes, día 1

O persoal dos estaleiros Vulcano concentrarase diante do Parlamento de Galicia após rematar a marcha a pé desde Vigo

  • A concentración terá lugar mañá venres, día 4 de outubro, ás 12:30 horas
03.10.2019.

O persoal dos estaleiros Vulcano rematará mañá venres a marcha a pé desde Vigo iniciada o martes. O percorrido concluirá ás 12:30 cunha concentración diante do Parlamento de Galicia á que está previsto que se sumen representantes dos diferentes grupos parlamentarios.

Na fotografía, manifestación na Coruña o pasado mes de abril para defender a industria galega

CCOO chama a unha gran mobilización unitaria pola situación de «emerxencia industrial» en Galicia

  • O sindicato empraza a UGT e CIG a manifestarse en Santiago de Compostela para esixir solucións
28.09.2019.

Comisións Obreiras (CCOO) chama a unha gran mobilización unitaria pola «emerxencia industrial» que atravesa Galicia. A grave situación de empresas relevantes como as centrais térmicas das Pontes e Meirama, as industrias electrointensivas (Alu Iberia LC, Alcoa-San Cibrao, Isowat), o sector naval de Vigo (Barreras e Vulcano) ou a empresa emblemática de telecomunicacións R Cable, requiren solucións de urxencia.

A Comisión Executiva Nacional emitiu unha resolución sobre o debate

Debate de política xeral: CCOO pide aproveitar os orzamentos do 2020 para posicionar a Galicia ante os cambios que se aveciñan

  • A Xunta ten mecanismos de intervención nas crises sectoriais e empresariais da nosa comunidade e non podemos renunciar a usalos para salvagardar a actividade industrial e o emprego vinculado a ela
26.09.2019.

A Comisión Executiva Nacional de Comisións Obreiras de Galicia emitiu hoxe unha resolución sobre o debate de política xeral que tivo lugar o mércores no Parlamento galego. Para CCOO, sería «imperdoable» que este debate fose o anticipo dun «longo período de campaña electoral» ata as eleccións autonómicas do 2020. Ante os numerosos retos que ten por diante o país, o sindicato insta a aproveitar a elaboración dos orzamentos do ano 2020 e do Plan Estratéxico de Galicia 2020-2030 para posicionar a Galicia ante os cambios que se aveciñan.

Momento do remate da declaración de Corbacho nos Xulgados da Coruña

Duascentas persoas arroupan os traballadores denunciados por defenderen diante do Congreso o emprego na industria galega

  • Juan Carlos López Corbacho: «Se pensan que nos van meter medo e facer calar, están moi equivocados»
25.09.2019.

Case duascentas persoas arrouparon este martes nos xulgados da Coruña os traballadores denunciados por defenderen diante do Congreso dos Deputados o emprego na industria galega. Foi a raíz da carga policial que se produciu o pasado 28 de marzo, cando o persoal das factorías de Alcoa na Coruña e Avilés protestaba preto das Cortes. Seis meses despois chegaron as denuncias, interpostas ao abeiro da lei mordaza. O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) convocou actos de protesta cadrando coas declaracións, por entender que se trata dunha persecución do labor sindical.

De esq. a der., Alejandro Rodríguez Pazos, Ramón Sarmiento e Omar Ceveira

CCOO esixe unha transición enerxética «xusta» e mobilizarase o día 27 baixo o lema «Non haberá emprego nun planeta morto»

  • Comisións tamén presentou unha ecoacción: a comezos do 2020 plantará un castiñeiro nun monte comunal por cada nova afiliación que se produza este trimestre
19.09.2019.

«Non haberá emprego nun planeta morto» é o lema que presidirá a presenza do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia na xornada de mobilización mundial polo clima do vindeiro 27 de setembro. Para CCOO, o cambio climático é un «desafío global» con graves consecuencias de todo tipo, medioambientais, económicas, sociais e laborais. Cómpre avanzar nunha xestión dos recursos «eficiente e sostible», pero planificando o impacto no emprego e nas condicións laborais. Por esta razón, o sindicato esixirá que a transición enerxética sexa «socialmente xusta e planificada».

Algúns convenios, como o de panadarías, levan caducados desde o 2013

Case tres mil luguesas e lugueses teñen un convenio colectivo caducado hai máis de catro anos, denuncia CCOO

  • No 75 % dos casos, o convenio expirou hai seis ou máis anos, lamenta a Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Lugo
14.10.2019.

Case tres mil luguesas e lugueses teñen un convenio colectivo caducado hai catro ou máis anos, denuncia a Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Lugo (CCOO). Segundo o sindicato, no 75 % dos casos o convenio expirou a finais do ano 2013 ou antes, isto é, teñen una antigüidade igual ou superior aos seis anos. Ben sexa pola inexistencia dunha patronal que sirva de interlocutora, ben polo desleixo dos sindicatos con maioría da representación, «tres mil persoas non viron actualizadas as condicións laborais, nun contexto económico que pouco ten que ver co de hai catro, cinco ou seis anos», sinala Manuel Quiñoá, secretario comarcal de Organización.

Un momento da reunión de hoxe

CCOO propón que os estaleiros contraten directamente a construción dos buques e pide reunir a mesa do naval de Vigo

  • O sindicato comarcal de CCOO-Industria de Vigo alerta do efecto dominó de Vulcano e Barreras sobre as industrias auxiliares, que teñen subcontratada a construción naval
12.10.2019.

Os delegados de CCOO dos Estaleiros Vulcano, Metalships, Barreiras, Nodosa, Armon e Freire reuníronse esta mañá nas instalacións de Metalships en Teis, pois a dirección de Barreiras negou a posibilidade de realizar a xuntanza nas súas instalacións. Nesta reunión, en que participou o secretario xeral de CCOO-Industria, Víctor Ledo, tratáronse cuestións como a liquidación de Vulcano, os problemas de Barreras, a situación da industria auxiliar e medidas a tomar.

Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de ambulancias o pasado mes de febreiro

A Xustiza anula parcialmente os servizos mínimos decretados pola Xunta en febreiro con motivo da folga das ambulancias

  • O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) recrimínalle ao Goberno galego a falta de motivación dos ditos servizos mínimos e condena a Administración ao pagamento das custas
04.10.2019.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anula parcialmente a orde da Consellaría de Sanidade que fixou os servizos mínimos da folga do transporte sanitario do pasado mes de febreiro e condena a Xunta ao pagamento das custas do proceso. Os servizos xurídicos de CCOO denunciaron os ditos servizos mínimos por consideralos «abusivos», xa que alcanzaban o 100 % no caso das ambulancias do 061 e o 50 % para o transporte inter e intrahospitalario.

CCOO denuncia incumprimentos laborais no servizo de cociña da residencia Divina Pastora

CCOO denuncia incumprimentos laborais no servizo de cociña da residencia Divina Pastora de Vilagarcía

  • Esta mesma semana, o sindicato porá os feitos en coñecemento da Inspección de Traballo
03.10.2019.

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia denuncia os incumprimentos laborais no servizo de cociña da residencia Divina Pastora de Vilagarcía de Arousa. O persoal está a vivir unha situación «límite» que motivou que a pasada semana houbese unha reunión co alcalde para o informar da problemática e pedirlle que a trasladase tanto á dirección da residencia como ao seu padroado. Así mesmo, o sindicato presentará esta mesma semana unha denuncia na Inspección de Traballo.

O Sindicato Nacional de CCOO arroupou o persoal de Alcoa-San Cibrao

CCOO apoia o persoal de Alcoa-San Cibrao e esixe un debate «rigoroso» sobre o sector electrointensivo

28.09.2019.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia apoia o persoal de Alcoa-San Cibrao e esixe un debate «rigoroso» sobre o sector electrointensivo. Así o afirmou este venres o secretario xeral, Ramón Sarmiento, quen participou na manifestación convocada polo persoal da factoría mariñá.

Protesta recente do persoal das subcontratas de R

A presión sindical contra a deslocalización obriga a Euskaltel a retirar unha oferta de emprego no País Vasco

20.09.2019.

Hai unhas semanas transcendía a noticia da existencia de diversos postos de traballo fóra de Galicia vinculados a subcontratas de R. Concretamente, ofertas da empresa de Lanaldel, que buscaba no País Vasco persoal que falase galego para o seu centro de chamadas.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros