Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo

Persoal das auxiliares de Endesa nas Pontes piden «solucións» á parálise da térmica

21.08.2019.

Traballadores e traballadoras das empresas auxiliares que prestan servizos para Endesa-As Pontes concentráronse hoxe ao mediodía para esixir «solucións» ante a parálise de catro meses na central térmica. A protesta, que durou unha hora, é «o comezo dun conflito que irá a máis, onde a solución non é fácil», afirmou Víctor Ledo, secretario xeral de CCOO-Industria de Galicia.

XUVENTUDE DE CCOO «A MOCIDADE ORGANIZADA»

12.08.2019.

O Día Internacional da Mocidade, as CCOO de Galicia, como o resto do ano, reivindica á mocidade como parte activa nos procesos de transformación dentro da propia clase traballadora, e pon de manifesto as necesidades materiais e tamén a necesidade de organizarse para avanzar e mellorar as nosas vidas.

Tras máis de 200 días de folga, o Sergas vese obrigado a rectificar

O acordo que desconvoca a folga dos PAC é «froito da firmeza» dos traballadores e das traballadoras, salienta CCOO

  • Tras máis de 200 días de folga, o Sergas vese obrigado a rectificar e asumir boa parte das reivindicacións do persoal; porén, CCOO non renuncia a que se aplique axeitadamente o pacto de 2008
18.07.2019.

O mércores 17 de xullo, tras un longo conflito de máis dun ano e unha folga que durou máis de 200 días, chegouse a un acordo para desconvocar os paros e mobilizacións do persoal dos puntos de atención continuada (PAC) de Galicia. A Federación de Sanidade de CCOO salienta que o pacto é «froito da firmeza» dos traballadores e das traballadoras, que por dúas veces rexeitaron as propostas do Sergas.

Un momento da concentración de hoxe na Coruña

Concentracións para rexeitar os despedimentos en R

  • Esta mañá houbo concentracións ás portas dos centros de traballo da Coruña e de Vigo
  • Concentración o mércores 17 para rexeitar as deslocalizacións
12.07.2019.

Máis dun cento de traballadoras e traballadores concentráronse hoxe ás portas dos centros de traballo da Coruña e de Vigo para rexeitar os despedimentos anunciados na empresa de cable e telecomunicacións R. Malia os resultados económicos positivos, Galicia vai padecer o groso do axuste directo comunicado esta semana, coa extinción de dez contratos dun total de vinte e cinco (40 % do total).

Centro de día público Novo Antonio Gandoy | Foto: Google Street View

CCOO inicia mobilizacións a próxima semana en Lugo polos incumprimentos laborais no centro de día Novo Antonio Gandoy

  • O sindicato insta o Concello de Lugo a actuar ante os incumprimentos da empresa concesionaria, rescindindo o contrato e licitando o servizo con outra empresa
12.07.2019.

Comisións Obreiras (CCOO) anuncia o comezo de mobilizacións a próxima semana ante os problemas do centro de día público Novo Antonio Gandoy. O sindicato leva meses denunciando incumprimentos por parte da empresa concesionaria IDEA (Innovación y Desarrollo Asistencial) e insistindo en que o Concello de Lugo, como responsable da execución do contrato, outorgue canto antes a concesión a unha nova entidade.

Centro comercial de Carrefour

CCOO-Servizos gaña cun resultado histórico as eleccións sindicais en Carrefour-Ourense

09.07.2019.

Comisións Obreiras pon fin a máis de dúas décadas de maiorías do sindicato amarelo Fetico nas recentes eleccións sindicais de Carrefour-Ourense.

CCOO considera que se trata dun contrato «de escravitude» | Foto: suyizailushang (Pixabay)

CCOO rexeita o novo contrato de continuidade para o persoal de enfermaría do Sergas

  • O sindicato non o asinou por entender que se trata dun contrato de «escravitude continuada»
04.07.2019.

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia rexeita o novo contrato de continuidade para o persoal de enfermaría do Sergas, asinado cos sindicatos SATSE, UGT, CSI-F e CEMS-O'Mega aproveitando a comisión de seguimento do acordo de continuidade de persoal médico.

Categorías profesionais como a de hixienista dental están por baixo do SMI

CCOO denuncia o convenio da sanidade privada de Lugo para introducir melloras sociais e desterrar «soldos de miseria»

  • Comisións, sindicato maioritario, tomou a decisión para actualizar as táboas salariais xa que as empresas se resistían facelo, malia que en moitos casos están por baixo do salario mínimo
04.07.2019.

Comisións Obreiras (CCOO), sindicato maioritario da sanidade privada na provincia de Lugo, denunciou o convenio provincial para introducir melloras sociais e desterrar os «soldos de miseria» que aínda recollen as táboas salariais vixentes. A organización sindical tomou a decisión ante a «resistencia» de moitas empresas a actualizar os salarios, malia que en moitas categorías se sitúan por baixo do salario mínimo interprofesional (SMI) vixente.

Un momento da concentración de hoxe

Esta semana continuaron as mobilizacións contra os despedimentos e a deslocalización de servizos en R Cable

21.08.2019.

Desde a compra por parte de Euskaltel no 2015, a compañía galega R Cable y Telecomunicaciones está a deslocalizar os postos de traballo cara a Asturias e o País Vasco, proceso que se intensificou este mesmo verán, ao tempo que Euskaltel anunciaba un axuste de persoal nas súas filiais, con especial impacto en Galicia. Por este motivo, esta semana intensifícanse as mobilizacións de protesta.

Un momento da concentración

Persoal das subcontratas de R Cable mobilizouse contra a deslocalización do emprego

18.07.2019.

Traballadores e traballadoras de compañías subcontratadas pola empresa de telecomunicacións R Cable mobilizouse o mércores na Coruña en defensa dos postos de traballo e contra a deslocalización do emprego fóra de Galicia.

CCOO denuncia os servizos mínimos «abusivos» decretados por Renfe e o Goberno central

CCOO salienta o alto grao de participación na folga de Renfe malia os servizos mínimos «abusivos»

  • Secundou o paro máis redor do 70 % do persoal con posibilidade de facer folga, informa CCOO
15.07.2019.

O sector Ferroviario de CCOO de Galicia informa de que máis do 70 % do persoal con posibilidade de facer folga secundou os paros convocados hoxe en Renfe, que obrigaron á suspensión de máis de sesenta liñas. O sindicato lamenta que os servizos mínimos «abusivos» impediron a adhesión á convocatoria de todas as traballadoras e traballadores que o desexaban.

Captura da web de Ilunión onde se recoñece que só o 40% do persoal ten algunha discapacidade

CCOO-Industria denuncia a fraude á seguridade social e a competencia desleal de Ilunión

  • O centro especial de emprego actuaría como «empresa pantalla» para abaratar custos
12.07.2019.

A Federación de Industria de CCOO en Pontevedra denunciou a Ilunión perante a Inspección de Traballo por diversas infraccións identificadas polo sindicato. O centro especial de emprego actuaría como «empresa pantalla» para abaratar custos da contratación, utilizando para iso subvencións públicas, o que amais de fraude á seguridade social sería competencia desleal no sector.

Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de Navantia durante a botadura dun barco

CCOO volve gañar as eleccións sindicais en Navantia

  • As candidaturas de Comisións foron de novo as máis votadas tanto nos estaleiros da ría de Ferrol coma no resto do Estado
10.07.2019.

A Federación de Industria de CCOO de Galicia volveu gañar as eleccións sindicais nos estaleiros públicos Navantia. As candidaturas de CCOO foron de novo as máis votadas tanto en Galicia coma no resto do Estado, malia a diminución do cadro de persoal que se produciu nos últimos catro anos.

Manifestación o pasado mes de xuño contra o peche de Alcoa-A Coruña

O grupo Parter terá ata o 31 de xullo para formalizar a compra das factorías de Alcoa

05.07.2019.

O comité de empresa de Alcoa na Coruña informa de que o xoves, 3 de xullo, chegouse a un acordo para ampliar ata o 31 de xullo o prazo de venda das factorías da cidade herculina e da localidade asturiana de Avilés, co mantemento das condicións laborais actuais ata ese día. Ese prazo será o mesmo que teña o grupo suízo Parter para presentar as garantías financeiras que acordou coa multinacional estadounidense.

CCOO esixe a recuperación de todos os dereitos arrebatados

CCOO lémbralle a Feijóo que a suba salarial para o persoal da Administración autonómica «non é grazas a el»

  • O incremento salarial anunciado onte polo presidente da Xunta é froito do II Acordo para a Mellora do Emprego Público, asinado en marzo de 2018 por CCOO e UGT co Goberno central
04.07.2019.

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO lémbralle a Feijóo que a suba salarial que anunciou onte para o persoal da Administración autonómica «non é grazas a el», como podería parecer polo contexto e a maneira en que o presidente da Xunta informou sobre esta cuestión. O incremento estaba xa previsto desde marzo do 2018, cando CCOO e UGT asinaron co Goberno central o II Acordo para a Mellora do Emprego Público.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: