Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO!

mércores 19 de abril de 2017

CCOO reúnese co alcalde de Santiago e cos grupos municipais para tratar a municipalización dos servizos da ORA e do guindastre

Entre os días 19 e 20, Comisións Obreiras reunirase tanto co alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, como cos grupos municipais para coñecer as intencións do Consistorio compostelán no referente á municipalización dos servizos da ORA e do guindastre. O sindicato presentará propostas en defensa dos dereitos do persoal da actual empresa concesionaria.

Vehículo do guindastre municipal | Foto: Concello de Santiago

Vehículo do guindastre municipal | Foto: Concello de Santiago

Estas entrevistas teñen lugar grazas ás peticións do sindicato, cursadas o pasado 7 de abril e acollidas positivamente polo Concello.
 
A delegación do sindicato estará composta por representantes da Unión Intercomarcal de Santiago-Barbanza, do sindicato comarcal da Federación de Servizos á Cidadanía, do sector de estradas da citada federación e de persoal da empresa.
 
CCOO aposta por que os servizos públicos sexan directamente prestados pola Administración correspondente, polo que celebra calquera proceso de municipalización. Con todo, é «obriga sindical» defender os dereitos laborais do persoal representado.
 
Desde Comisións sinalan tamén que o dereito á negociación colectiva das traballadoras e traballadores, a través da representación sindical, debe garantirse «inequivocamente». Por esta razón, defenden que a voz do colectivo ha ser escoitada antes de que o Concello tome decisións «irreversibles».

CCOO reúnese co alcalde de Santiago e cos grupos municipais para tratar a municipalización dos servizos da ORA e do guindastre

mércores 19 de abril de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade