Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

luns 19 de xuño de 2017

'Desperegrinación' do persoal da sanidade pública en defensa dos dereitos laborais e económicos

  • Os manifestantes percorreron un treito do Camiño de Santiago en sentido inverso

A Federación de Sanidade de CCOO e outras organizacións protagonizaron este luns unha 'desperegrinación' en defensa dos dereitos laborais no ámbito e pola recuperación dos «dereitos roubados». Para este efecto, ducias de traballadoras e traballadores percorreron en sentido inverso un treito do Camiño de Santiago. Concretamente, partiron ás 11 h da sede da Xunta en San Caetano e mobilizáronse ata a entrada da cidade no barrio de San Lázaro.

O persoal da sanidade pública esixe os seus dereitos

O persoal da sanidade pública esixe os seus dereitos

Esta manifestación foi un «paso máis» na campaña iniciada semanas atrás polos sindicatos CCOO, CIG, UGT, SATSE, CSI-F e SAE, que primeiro reuniron o persoal en asembleas informativas e, poucos días atrás, convocaron unha concentración diante do Sergas e entregaron quince mil sinaturas de apoio ás reivindicacións.

Os sindicatos prometen «intensificar» as protestas após o verán, se non houber avances en reivindicacións como a recuperación da carreira profesional e das partidas económicas conxeladas, a non penalización por incapacidade temporal ou a recuperación dos días libres que corresponden, entre outros puntos.

O secretario xeral de CCOO-Sanidade, Ángel Cameselle, sallienta que «o salario é o pagamento polo noso traballo» e reivindica unha «verdadeira negociación» para que nos orzamentos do próximo exercicio haxa unha partida económica que permita recuperar os dereitos laborais e salariais do persoal da sanidade pública.

'Desperegrinación' do persoal da sanidade pública en defensa dos dereitos laborais e económicos

luns 19 de xuño de 2017

Ligazóns de interese relacionadas

Galería fotográfica

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade