Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

venres 8 de setembro de 2017

A saída de Arteixo do Consorcio das Mariñas deixa 19 traballadores fixos de Cespa en risco de seren despedidos

  • O comité de empresa convoca a todo o persoal a unha asemblea o próximo día 18 de setembro, na que se analizarán as posibles medidas que han adoptar

A empresa Cespa, concesionaria do servizo de recollida de residuos do Consorcio das Mariñas, entregoulle a pasada semana ao comité de empresa o plan organizativo de traballo tras a saída do Concello de Arteixo deste ente supramunicipal. Após analizaren o documento, os representantes do persoal, que pertencen a CCOO e CIG, comprobaron que a realización do servizo se fará con 19 traballadores fixos menos; tamén que non se achegaban datos sobre posibles baixas ou contratacións eventuais.

Web do Consorcio das Mariñas

Web do Consorcio das Mariñas

Tanto o comité de empresa como o sindicato maioritario (CCOO) xa solicitaran a comezos de agosto reunións co Consorcio das Mariñas e mais co Concello de Arteixo para tratar a situación. Porén, os encontros non se produciron, o que fixo aumentar a incerteza do persoal sobre o que acontecería a partir do vindeiro 1 de xaneiro de 2018, cando se formalizará a saída do municipio arteixán.

O comité de empresa esixe o mantemento do emprego e das condicións laborais, amais de garantías para que o persoal do servizo sexa o axeitado para realizar as recollidas de residuos.

Ante o «desleixo» tanto do Concello de Arteixo, como do Consorcio e da propia Cespa, e prevendo a perda de postos de traballo, o comité convoca o persoal a unha asemblea para o próximo 18 de setembro, ás 19:30 horas, no edificio de sindicatos da Coruña. Tamén se debaterá un calendario de posibles mobilizacións.


 

A saída de Arteixo do Consorcio das Mariñas deixa 19 traballadores fixos de Cespa en risco de seren despedidos

venres 8 de setembro de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade