Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

xoves 9 de novembro de 2017

CCOO gaña unha sentenza contra Prosegur por lle impedir a un vixilante de seguridade atender os seus familiares dependentes

  • A resolución xudicial, contra a que non cabe recurso, deixa sen efecto as modificacións substanciais das condicións de traballo efectuadas contra o traballador

A Federación de Construción e Servizos de CCOO informa dunha «sentenza exemplar» que condena a Prosegur por lle impedir a un vixilante de seguridade atender os seus familiares dependentes. A resolución xudicial, contra a que non cabe recurso, deixa sen efecto as modificacións substanciais das condicións de traballo aplicadas contra este traballador.

Vixilante de seguridade de Prosegur

Vixilante de seguridade de Prosegur

O Xulgado do Social de Ferrol condena a Prosegur a lle restituír ao vixilante as condicións laborais anteriores. O responsable da Federación de Construción e Servizos de CCOO en Ferrol, Alejandro Bello, cualifica de moi positiva a sentenza e fai fincapé en que sexa firme e sen posibilidade de recurso.

Necesidade de conciliación

O vixilante realiza as súas funcións nas instalacións do Grupo Inditex —Pull and Bear e Indipunt— en Río do Pozo. En compensación por un episodio anterior, no que se fixeran graves acusacións contra este empregado e o seu representante sindical, CCOO e Prosegur chegaran a un acordo para que este empregado puidese facer o seu traballo na quenda de noite.

Malia o cambio de quenda, os problemas continuaron, ata o punto de que CCOO esixiu a Prosegur e Inditex que investigaran un escrito asinado por outros compañeiros así como polo xefe de equipo de Prosegur, no que novamente se vertían graves acusacións.

Segundo o sindicato, por tras disto estaban uns «simples cambios de quenda» pedidos polo vixilante, en aplicación do convenio, para conciliar a vida familiar coa laboral, xa que ten dous grandes dependentes ao seu cargo. A situación obrigou o traballador a estar de baixa un longo período. Tras reincorporarse, modificáronselle as condicións de traballo e pasou a realizar quendas rotativas que impedían a conciliación.

CCOO gaña unha sentenza contra Prosegur por lle impedir a un vixilante de seguridade atender os seus familiares dependentes

xoves 9 de novembro de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade