Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

venres 1 de decembro de 2017

Un 80 % de seguimento da folga contra a discriminación laboral do persoal da Xustiza

  • A meirande parte dos xulgados ficaron paralizados

Tras as concentracións de hai dúas semanas, os traballadoras e traballadores da Xustiza de toda Galicia foron hoxe á folga, nunha convocatoria conxunta de todos os sindicatos con representación. Segundo fontes sindicais, o seguimento foi de preto do 80 % e fíxose especialmente visible coa paralización da maior parte dos xulgados do país.

Seguimento de máis do 80% da folga da Xustiza

Seguimento de máis do 80% da folga da Xustiza

Reivindican melloras como o incremento do complemento autonómico transitorio, non ser penalizados en caso de incapacidade temporal, solucións ao plan de amortización de 106 prazas ou a consolidación das prazas de reforzo de máis de tres anos.

Nova folga o día 13

O vindeiro 13 de decembro hai convocada unha nova xornada de paro. Os sindicatos non descartan que a finais de xaneiro se converta en indefinida se non chegaren solucións.

Un 80 % de seguimento da folga contra a discriminación laboral do persoal da Xustiza

venres 1 de decembro de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas