Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

luns 4 de decembro de 2017

Tres mil persoas mobilízanse en defensa da área sanitaria do Salnés

Ao redor de tres mil persoas mobilizáronse o domingo en defensa da sanidade pública e da área sanitaria do Salnés. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés, da que forma parte CCOO, alerta dos prexuízos que lle causaría á cidadanía a supresión desta área sanitaria, tal como pretende a Xunta.

Gran participación na manifestación a prol da área sanitaria do Salnés

Gran participación na manifestación a prol da área sanitaria do Salnés

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras leva meses denunciando a posible desaparición das áreas sanitarias de Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, Burela e O Salnés, tal como recolle a Lei de saúde pública de Galicia.

A conversión destas áreas en distritos «supón unha penalización», asegura CCOO. O sindicato prognostica, ademais, que esta decisión obrigará os doentes a se desprazaren a outros hospitais, ao tempo que aumentará a «precariedade e marxinación» dos centros de saúde dos futuros distritos.

Tres mil persoas mobilízanse en defensa da área sanitaria do Salnés

luns 4 de decembro de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade