Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

mércores 7 de febreiro de 2018

Seguimento de case o 90 % na primeira xornada da folga indefinida na Xustiza

O sector da Xustiza de CCOO de Galicia informa do seguimento «masivo» da primeira xornada da folga indefinida convocada no ámbito por todos os sindicatos. Centos de xuízos e milleiros de trámites xudiciais quedaron interrompidos, o que dá idea da elevada aceptación da convocatoria.

Concentración diante dos Xulgados de Ourense

Concentración diante dos Xulgados de Ourense

O persoal da Xustiza reivindica a equiparación salarial dos compañeiros e compañeiras doutras comunidades autónomas, que cobran máis por faceren o mesmo traballo. Tamén esixen a recuperación dos dereitos perdidos durante a crise.

Por último, denuncian as «mentiras» dos responsables da Xunta nos meses que leva aberto o conflito, especialmente desde decembro do ano pasado, cando tivo lugar a primeira convocatoria de folga.

Seguimento de case o 90 % na primeira xornada da folga indefinida na Xustiza

mércores 7 de febreiro de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia