Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

luns 12 de febreiro de 2018

Os sindicatos da Xustiza critican que a Xunta «falsee» datos para «confundir» a opinión pública

  • Mantense a folga indefinida na Xustiza, que ata o momento tivo un seguimento superior ao 90 %
  • As negociacións co Goberno galego continúan este luns na EGAP, en Santiago de Compostela

Os sindicatos que convocan a folga da Xustiza, entre eles CCOO, critican que a Xunta «falsee» as cifras relativas ao suposto incremento salarial ofertado para «confundir» a opinión pública. Malia que o presidente Feijóo asegurou que a proposta do Goberno galego situaba o persoal do ámbito xudicial na parte alta da media española, as organizacións sindicais rebáteno con datos.

Cartel en apoio á folga

Cartel en apoio á folga

En función das categorías, a proposta da Xunta situaría o persoal da Xustiza galega no 11.º ou 12.º lugar, isto é, «claramente na metade inferior», e non na superior como afirmou o pasado xoves o presidente.

A maiores, os sindicatos lembran que entre os anos 2013 e 2016, a Xunta «confiscounos das nóminas» entre 3000 e 10.000 euros, «algo que non aconteceu no resto do Estado». Por isto, insisten en manter a folga, para evitar a discriminación que sofre o persoal da Xustiza en Galicia.


Continúan as negociacións

As negociacións do sindicatos co Goberno galego continúan este luns na EGAP, en Santiago de Compostela. Namentres, mantense a folga indefinida, que ata o momento tivo un seguimento superior ao 90 %.

Os sindicatos da Xustiza critican que a Xunta «falsee» datos para «confundir» a opinión pública

luns 12 de febreiro de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia