Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Primeiro de Maio - #TempoDeGañar

xoves 8 de marzo de 2018

CCOO mobilizarase o 10 de Marzo baixo o lema «á ofensiva contra a precariedade»

  • Tras a ofrenda floral e a manifestación, o sindicato entregarálles os Premios 10 de Marzo no Auditorio Torrente Ballester

Comisións Obreiras (CCOO) mobilizarase o próximo 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, baixo o lema «á ofensiva contra a precariedade». O sindicato fai un chamamento á sociedade galega para «emprender a necesaria ofensiva contra a precariedade laboral», como apunta no manifesto que fai público con motivo desta data. Os indicadores económicos amosan unha realidade de crecemento, «que non vén acompañada de progreso para a clase traballadora».

Cartel de CCOO para o Día da Clase Obreira Galega

Cartel de CCOO para o Día da Clase Obreira Galega

Para CCOO, «a ofensiva da sociedade galega» contra a precariedade, a inxustiza, o desemprego, a pobreza, a desigualdade e a exclusión social «ten unha forte ancoraxe na memoria do 10 de Marzo». As Comisións Obreiras «encaráronse á ditadura» en defensa das liberdades e dos dereitos laborais e sociais, «mesmo á custa de vidas como as de Amador e Daniel». Esta loita foi «o xermolo» de décadas posteriores de «democracia, crecemento económico e progreso social».

Actos previstos por CCOO para o 10 de Marzo

— 11.00 horas: ofrenda floral no monumento ao Dez de Marzo
— 11.30 horas: manifestación desde o monumento ata o Cantón
— 13.00 horas: entrega dos Premios 10 de Marzo no Auditorio Torrente Ballester. Con estes galardóns, o sindicato e a súa fundación recoñecen traxectorias en defensa dos dereitos laborais e a loita polas liberdades. Este ano recaen en Aurelio Ledo, Olga Zurrón e Emilio Pérez Touriño

CCOO mobilizarase o 10 de Marzo baixo o lema «á ofensiva contra a precariedade»

xoves 8 de marzo de 2018

Ligazóns de interese relacionadas

Información sobre os Premios 10 de Marzo

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia