Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

xoves 12 de abril de 2018

Unai Sordo chama a unha resposta «masiva» contra as políticas que empobreceron a sociedade

O secretario xeral confederal de CCOO, Unai Sordo, chama a unha resposta «masiva» contra as políticas que empobreceron a sociedade. Así o afirmou este xoves en Madrid durante o III Encontro do Activo Sindical, no que se deron cita tanto dirixentes sindicais como membros de seccións sindicais e equipos de extensión.

Intervención de Unai Sordo

Intervención de Unai Sordo

«Se non hai repartición do crecemento económico, haberá conflito», advertiu Sordo ante os dous mil sindicalistas que presentes neste encontro. O máximo responsable de CCOO instou a facer unha «demostración de forza sindical» nos centros de traballo e na rúa, para que o Goberno e as patronais «noten a presión, sintan que isto vai en serio».

O sindicalista tamén chamou a «tensar» a negociación colectiva, xa que se as empresas «non senten a presión, non van soltar nada», aseverou. Para isto, pediu elevar o nivel de esixencia, coordinando sectores e territorios nun camiño de mobilización «crecente e sostida» que terá nos próximos 15 de abril —mobilizacións polas pensións— e 1 de maio —Día Internacional da Clase Traballadora— as primeiras referencias.

Unai Sordo chama a unha resposta «masiva» contra as políticas que empobreceron a sociedade

xoves 12 de abril de 2018

Ligazóns de interese relacionadas

Crónica completa deste III Encontro na web confederal de CCOO

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas