Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Primeiro de Maio - #TempoDeGañar

luns 14 de maio de 2018

CCOO gaña as eleccións sindicais na concesionaria da limpeza dos colexios públicos do Concello de Ourense

​A Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais en OHL-Ingesan, concesionaria da limpeza dos colexios públicos do Concello de Ourense. O sindicato conseguiu toda a representación, tres delegados e delegadas, nunha empresa que ten un censo de 45 traballadores e traballadoras.

Na fotografía, a delegada e delegados de CCOO

Na fotografía, a delegada e delegados de CCOO

CCOO salienta a gran participación do persoal nestas eleccións, xa que votaron 44 das 45 persoas que o podían facer. Así mesmo, o sindicato destaca o «apoio masivo» conseguido, xa que a representación electa por Comisións conseguiu máis votos ca os obtidos polas restantes organizacións xuntas e en total acadou o 50,4 % dos sufraxios emitidos.
 
Para a Federación de Construción e Servizos de CCOO, estes resultados apoian o traballo realizado polo sindicato todo este tempo, no que tivo que sufrir situacións difíciles como o concurso de Linorsa.

CCOO gaña as eleccións sindicais na concesionaria da limpeza dos colexios públicos do Concello de Ourense

luns 14 de maio de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Eleccións Sindicais - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade