Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

venres 8 de xuño de 2018

CCOO esixe a negociación dun plan de igualdade no SERGAS

  • O Servizo Galego de Saúde está obrigado por lei á elaboración do dito plan

Comisións Obreiras (CCOO) esixe a negociación dun plan de igualdade no Servizo Galego de Saúde (SERGAS), ao que están obrigadas todas as empresas de máis de 250 traballadores e traballadoras, segundo establece a Lei orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes. O departamento autonómico supera con moito este suposto, xa que conta con preto de 35.000, das cales o 80 % son mulleres.

Así mesmo, a Lei orgánica 7/2007 do Estatuto básico do empregado público afirma que as Administracións públicas deberán elaborar e aplicar un plan de igualdade que se ha desenvolver no convenio colectivo ou acordo de condicións de traballo do persoal funcionario.

Segundo CCOO, o plan de igualdade «axudaranos a coñecer mellor as dificultades e evitar as barreiras que poidan supoñer discriminación».

CCOO esixe a negociación dun plan de igualdade no SERGAS

venres 8 de xuño de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Igualdade - Actualidade
Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia