Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

venres 27 de xullo de 2018

A Federación de Construción e Servizos de CCOO asina o convenio de derivados do cemento da Coruña 2017-2020

  • A suba salarial terá efectos retroactivos ao 1 de xaneiro do 2017 e os atrasos serán aboados após a publicación do convenio

A Federación de Construción e Servizos de CCOO asinou o convenio de derivados do cemento da provincia da Coruña para o período 2017-2020. Este convenio recolle melloras económicas por riba do IPC, amais de novidades en materia de licenzas, calendario laboral ou pólizas de accidentes.

CCOO saúda o novo convenio

CCOO saúda o novo convenio

CCOO considera positivo o novo convenio, cuxos efectos son retroactivos ao 1 de xaneiro do 2017 en todos os aspectos, agás na póliza de accidentes, que será válida só após a publicación do texto. Quedan fixados como días de exceso de xornada para as empresas sen calendario —serán considerados festivos de convenio— o 18 de maio, 16 e 17 de agosto, 2 de novembro e o 7, 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro.

Como se indicou, a parte referida ás licenzas foi mellorada. Así mesmo, o seu inicio será sempre un día hábil, sexa cal for o día do feito causante. Tamén se incrementa un 66 % o seguro por morte debido a enfermidade común ou accidente non laboral. O incremento é do 20 % de se producir unha incapacidade permanente e ascende a 60.000 euros.

Melloras salariais

No aspecto salarial, a suba para o 2017 é do 1,5 % por riba do IPC, desde o 1 de xaneiro dese ano. Os atrasos serán aboados após a publicación do convenio. Grazas ao labor negociador de CCOO, o salario mínimo no sector será de 18.294,87 euros anuais —corresponde á categoría de peón.

Os logros teñen especial relevancia xa que CCOO foi o único sindicato que presentou unha plataforma de convenio. A CIG, por exemplo, após sete reunións, non chegou a presentar proposta ningunha.

A Federación de Construción e Servizos de CCOO asina o convenio de derivados do cemento da Coruña 2017-2020

venres 27 de xullo de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia