Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

sábado 8 de setembro de 2018

Centos de xornalistas reivindican medios de comunicación públicos libres e de calidade

  • O persoal das radios e televisións públicas foron arroupados polas organizacións sindicais, numerosos colectivos e tamén representantes institucionais

Centos de xornalistas manifestáronse hoxe en Santiago de Compostela para esixir uns medios de comunicación públicos libres e de calidade. A marcha, convocada polos comités de empresa da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) e de Radiotelevisión Española en Galicia (RTVE), contou co apoio das organizacións sindicais, así como de numerosos colectivos e representantes institucionais.

Centos de xornalistas participaron nesta manifestación contra a manipulación informativa

Centos de xornalistas participaron nesta manifestación contra a manipulación informativa

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) estivo amplamente representado na manifestación, na que participaron, entre outros, o seu secretario xeral, Ramón Sarmiento Solla, o secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía, José Manuel Ramos Varela, ou a coordinadora do sector de medios de comunicación, Teté Pérez Pardo.

O secretario xeral de CCOO coida que a manifestación foi «un éxito» e defende que o acceso a unha información plural e veraz é un dereito fundamental consagrado polas leis, comezando pola Constitución. Neste sentido, contratulouse de que a cidadanía participara hoxe de xeito activo na defensa dos medios de comunicación públicos, «que han ser de todas e de todos, non de quen goberne en cada momento».

Reivindicacións

Con esta manifestación, os comités de empresa dos medios públicos denuncian a manipulación informativa e esixen a erradicación destas malas prácticas. Piden tamén que os cambios cheguen «a todos os centros» territoriais de RTVE e, no caso da CRTVG, esixen a creación do Consello de Informativos e do estatuto profesional. Reivindican ademais que se recuperen os programas de produción propia e os contidos de servizo público, nun momento en que boa parte está externalizada a empresas privadas. Rexeitan tamén os recortes en materia de persoal, salarios e orzamentos, que precarizan o emprego e dificultan o cumprimento da función de servizo público.

Por último, os comités dos medios audiovisuais públicos esixen que se garanta a información de proximidade —ameazada por medidas como a supresión das desconexións locais da Radio Galega— e que rematen as represalias contra as traballadoras e traballadores que denuncian as malas prácticas.

Centos de xornalistas reivindican medios de comunicación públicos libres e de calidade

sábado 8 de setembro de 2018

Ligazóns de interese relacionadas

Galería de imaxes

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia