Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

xoves 11 de outubro de 2018

Os sindicatos afirman que o criterio da Xunta para fixar os servizos mínimos da folga dos PAC «demostra as nosas denuncias»

  • O SERGAS fixou no 100 % os servizos mínimos para garantir a atención das urxencias, proba de que a dotación de persoal non é suficiente

Os sindicatos que integran o comité de folga dos puntos de atención continuada (PAC), afirman que o criterio da Xunta para fixar os servizos mínimos é a proba de que a actual dotación de persoal non é suficiente. O SERGAS fixou no 100 % os servizos mínimos para garantir a atención das urxencias durante os paros, o que «demostra as nosas denuncias», sentencian.

PAC de Santiago de Compostela | Foto: Google Street View

PAC de Santiago de Compostela | Foto: Google Street View

O 10 de outubro, o SERGAS comunicoulle ao comité de folga os criterios reitores para a cobertura dos servizos mínimos durante a folga. Segundo este documento, para atender correctamente toda a actividade urxente é preciso que traballe o 100 % dos efectivos. Isto non sucedería se a dotación de recursos humanos fose suficiente, apunta CCOO.

De feito, segundo os datos da Administración, en moitos PAC non existe a día de hoxe a cobertura mínima imprescindible que o propio SERGAS coida axeitada «para ofrecer unha asistencia sanitaria digna e de calidade».

Folga

As organizacións que compoñen o comité de folga continúan abertas ao diálogo. Con todo, se non se producen avances, manteñen a convocatoria de paros para os próximos días 16, 19, 23, 26 e 30 de outubro, así como os días 2, 6 e 9 de novembro, entre as 15 horas do día de inicio e as 8 do día seguinte. Tamén, folga de 24 horas, a partir das 8 da mañá, os días 21 e 28 de outubro e 4 e 11 de novembro.

Os sindicatos afirman que o criterio da Xunta para fixar os servizos mínimos da folga dos PAC «demostra as nosas denuncias»

xoves 11 de outubro de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros