Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a Comisións Obreiras

martes 8 de xaneiro de 2019

O persoal de Alcoa protesta en Madrid para esixir solucións

  • A Policía tentou impedir a concentración diante do Ministerio de Industria
  • Nova manifestación na Coruña o domingo, día 13

Traballadoras e traballadores de Alcoa desprazáronse a Madrid para participar nunha manifestación na que esixir solucións que permitan a continuidade da actividade e do emprego nas factorías da Coruña e de Avilés (esta, en Asturias), ameazadas de peche pola multinacional estadounidense. A marcha transcorreu sen incidentes, exceptuando algúns momentos de tensión por mor da actuación policial, que tentou impedir unha concentración diante do Ministerio de Industria.

Cartel anunciando a manifestación do domingo

Cartel anunciando a manifestación do domingo

A menos de dúas semanas para que Alcoa cumpra a súa ameaza e comece a despedir as case 700 persoas que traballan nas dúas plantas, CCOO e os outros sindicatos piden «feitos» ás Administracións autonómicas e ao Goberno central.

O vindeiro domingo, día 13 de xaneiro, haberá unha nova manifestación na Coruña. Partirá ás 12 da praza da Palloza e rematará diante da Delegación do Goberno, na praza de Ourense.

O persoal de Alcoa protesta en Madrid para esixir solucións

martes 8 de xaneiro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade