Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a Comisións Obreiras

mércores 6 de febreiro de 2019

O persoal de Vulcano maniféstase para esixir os seus salarios

O comité de empresa do estaleiro vigués Vulcano convocou este mércores unha manifestación para esixir o pagamentos dos salarios ao persoal, que leva cinco meses sen cobrar. A marcha, encabezada por unha pancarta co lema «Vulcano, solución!», percorreu varias rúas de Vigo.

A manifestación rematou diante da delegación da Xunta de Galicia en Vigo

A manifestación rematou diante da delegación da Xunta de Galicia en Vigo

A manifestación rematou diante da delegación da Xunta de Galicia na cidade olívica, xa que a representación das traballadoras e dos traballadores consideran que o Goberno autonómico debe xogar un papel fundamental para que se chegue a unha solución.

O presidente do comité, Nicolás Sangabriel (CCOO), explicou que a empresa ofreceu o pagamento de dúas das nóminas, aboando as restantes cantidades cando entregue o barco que se está a construír.

O persoal de Vulcano maniféstase para esixir os seus salarios

mércores 6 de febreiro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade