sábado 23 de febreiro de 2019
luns 11 de febreiro de 2019
Galicia maniféstase en defensa da sanidade pública
O domingo, 10 de febreiro, milleiros de persoas manifestáronse en Santiago de Compostela a prol da sanidade pública. Baixo o lema «os recortes matan, non ao negocio coa saúde», a manifestación percorreu varias rúas da capital de Galicia ata rematar na praza da Quintana, que ficou pequena para acoller a todas as persoas que se deron cita.
A praza da Quintana rematou ateigada
Con esta manifestación, SOS Sanidade Pública, plataforma da que CCOO forma parte, esixiu recuperar persoal sanitario, número de camas de hospitalización e nivel de orzamento previo aos recortes; acabar coa marxinación da atención primaria; dar cabo das áreas de xestión integrada (EOXI) e reinstaurar as áreas sanitarias e os hospitais comarcais; dotar axeitadamente os PAC e os servisos de urxencias; rematar coa precariedade laboral e reverter ao servizo público todo o que foi privatizado.
En declaracións aos medios de comunicación, o secretario xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento (que estivo tras a pancarta que encabezaba a manifestación), considerou unha «provocación» que o presidente da Xunta optase por acudir á marcha convocada pola dereita e a extrema dereita en Madrid.
Con todo, o dirixente sindical coidou «máis grave» que o Goberno galego fixese unha declaración institucional «atrancando un posible proceso de diálogo». Na súa opinión, este xesto foi unha proba do «uso patrimonialista das institucións públicas».
Galicia maniféstase en defensa da sanidade pública
Áreas temáticas relacionadas
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade
X
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.