Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

mércores 13 de marzo de 2019

O persoal de DIA amosou en Santiago de Compostela o seu rexeitamento ao ERE

  • «En DIA non sobra ninguén», expresaron as traballadoras e os traballadores da distribuidora de alimentación

Traballadoras e traballadores do Grupo DIA, arroupados por membros de CCOO, manifestaron este mércores en Santiago de Compostela o seu rexeitamento ao «brutal e desproporcionado» ERE que pretende acometer a distribuidora de alimentación. «En DIA non sobra ninguén», clamaron fronte á tenda que a cadea ten no barrio compostelán de Vidán.

O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, participou na protesta

O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, participou na protesta

Este mesmo mércores, o Grupo DIA rexeitou a mediación e negou calquera posibilidade de acordo, o que aboca a unha folga o próximo día 20 de marzo, en horario de 10:00 a 12:00 e de 17:00 a 19:00 en todos os centros de traballo.

Para CCOO, presentar un ERE sen que se coñezan datos «básicos» sobre a empresa, comezando por quen a dirixirá a partir da semana que vén, «non ten sentido». Porén, a distribuidora de alimentación decidiu seguir adiante coas súas intencións, que pasan por eliminar máis de 1500 postos de traballo en toda España.

Actualmente, DIA ten case un milleiro de traballadoras e traballadores en Galicia.

O persoal de DIA amosou en Santiago de Compostela o seu rexeitamento ao ERE

mércores 13 de marzo de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade