Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo

luns 13 de maio de 2019

Manifestación da industria electrointensiva o 20 de maio

  • Desde o estadio Verónica Boquete ata San Caetano

Traballadores e traballadoras da industria electrointensiva galega manifestaranse o vindeiro luns, 20 de maio, en Santiago de Compostela, para esixir unha tarifa eléctrica competitiva.

Cartel anunciador da manifestación

Cartel anunciador da manifestación

A marcha está convocada polos comités de empresa de Alcoa (A Coruña e San Cibrao), de Ferroatlántica (Arteixo, Cee e Dumbría) e de Celsa Atlantic (A Laracha). Partirá ás 11 horas do estadio Verónica Boquete, en San Lázaro, e rematará na sede da Xunta de Galicia.

Representantes destes comités de empresa afirmaron hoxe na Coruña que, de non chegar o ansiado marco enerxético estable e competitivo, o peche é unha posibilidade para todas as factorías do sector.

Manifestación da industria electrointensiva o 20 de maio

luns 13 de maio de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade