Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

luns 13 de maio de 2019

Folga en PSA-Vigo o 16 de maio

CCOO, UGT e CIG convocan folga na factoría PSA Peugeot-Citroën de Vigo para o xoves desta semana, 16 de maio. Os sindicatos chaman a un paro de dúas horas por cada quenda para todo o persoal. A decisión de chegar á folga debeuse á ausencia de diálogo por parte da dirección para solucionar a problemática do persoal de montaxe, sobrecargado de traballo.

Folga en PSA-Vigo o 16 de maio

Folga en PSA-Vigo o 16 de maio

A seguir indícanse os horarios dos paros:
- Quenda de mañá: de 12:00 a 14:00
- Quenda de tarde: de 14:00 a 16:00
- Quenda normal ou central: de 12:00 a 14:00
- Quenda de noite: de 22:00 a 00:00

No caso das quendas de fin de semana, especiais ou variables, atenderase aos mesmos criterios antes indicados. No caso de que algunha quenda de traballo se vexa afectada por dous horarios de paro, este realizarase no máis próximo ao comezo da xornada.

Folga en PSA-Vigo o 16 de maio

luns 13 de maio de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade