Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo

venres 5 de xullo de 2019

O grupo Parter terá ata o 31 de xullo para formalizar a compra das factorías de Alcoa

O comité de empresa de Alcoa na Coruña informa de que o xoves, 3 de xullo, chegouse a un acordo para ampliar ata o 31 de xullo o prazo de venda das factorías da cidade herculina e da localidade asturiana de Avilés, co mantemento das condicións laborais actuais ata ese día. Ese prazo será o mesmo que teña o grupo suízo Parter para presentar as garantías financeiras que acordou coa multinacional estadounidense.

Manifestación o pasado mes de xuño contra o peche de Alcoa-A Coruña

Manifestación o pasado mes de xuño contra o peche de Alcoa-A Coruña

Chegado o 31 de xullo, se Parter cumpriu co establecido canto ás condicións financeiras acordadas con Alcoa, producirase a venda das plantas da Coruña e de Avilés, para o que se convocará a mesa técnica estatal, onde se informará do final do proceso. Deste xeito, cumpriríase o acordo do expediente de regulación de emprego (ERE) do pasado 15 de xaneiro.

Porén, se o 31 de xullo fracasar o proceso de venda por non poder Parter cumprir coas esixencias financeiras solicitadas, executaranse as medidas contidas no plan social do ERE.

O grupo Parter terá ata o 31 de xullo para formalizar a compra das factorías de Alcoa

venres 5 de xullo de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade