Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo

mércores 10 de xullo de 2019

CCOO volve gañar as eleccións sindicais en Navantia

  • As candidaturas de Comisións foron de novo as máis votadas tanto nos estaleiros da ría de Ferrol coma no resto do Estado

A Federación de Industria de CCOO de Galicia volveu gañar as eleccións sindicais nos estaleiros públicos Navantia. As candidaturas de CCOO foron de novo as máis votadas tanto en Galicia coma no resto do Estado, malia a diminución do cadro de persoal que se produciu nos últimos catro anos.

Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de Navantia durante a botadura dun barco

Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de Navantia durante a botadura dun barco

En Navantia-Ferrol, CCOO logrou 9 dos 23 delegados e delegadas que se elixían (39 %). En Navantia-Fene, conseguiu 4 de 9 (44 %).

No resto de centros de traballo do Estado, CCOO foi o sindicato con máis apoios, agás en Madrid. En total, este sindicato obtivo 41 delegados e delegadas de 109 posibles (39,61 %), moi lonxe da segunda organización, CSI-CSIF, que ficou con 25 (22,94 %).

Cabe salientar que, con estes resultados, case un terzo da representación total de CCOO en Navantia procede dos estaleiros da ría de Ferrol, un dato similar ao de hai catro anos.

CCOO volve gañar as eleccións sindicais en Navantia

mércores 10 de xullo de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Eleccións Sindicais - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros