Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo

luns 15 de xullo de 2019

CCOO salienta o alto grao de participación na folga de Renfe malia os servizos mínimos «abusivos»

  • Secundou o paro máis redor do 70 % do persoal con posibilidade de facer folga, informa CCOO

O sector Ferroviario de CCOO de Galicia informa de que máis do 70 % do persoal con posibilidade de facer folga secundou os paros convocados hoxe en Renfe, que obrigaron á suspensión de máis de sesenta liñas. O sindicato lamenta que os servizos mínimos «abusivos» impediron a adhesión á convocatoria de todas as traballadoras e traballadores que o desexaban.

CCOO denuncia os servizos mínimos «abusivos» decretados por Renfe e o Goberno central

CCOO denuncia os servizos mínimos «abusivos» decretados por Renfe e o Goberno central

CCOO critica que o Goberno autorizase a Renfe a fixar en toda España uns servizos mínimos entre o 50 % e o 75 % nas circulacións de proximidade, do 65 % en media distancia, do 72 % en AVE e longa distancia e do 25 % no transporte de mercadorías. O sindicato lembra que xa na última folga a Audiencia Nacional acabou anulando, meses despois, os «desproporcionados» servizos mínimos.

Coa folga de hoxe, CCOO denunciou que Renfe incumpre o convenio colectivo. O sindicato esixe o crecemento real do emprego, unha distribución da xornada anual que realmente axude na conciliación da vida laboral e persoal, así como a consolidación dos incrementos salariais ligados ao aumento da produtividade.

Tras este «éxito de seguimento», o sector Ferroviario de CCOO non descarta estender as mobilizacións durante o verán se a dirección de Renfe non atende as demandas sindicais.

CCOO salienta o alto grao de participación na folga de Renfe malia os servizos mínimos «abusivos»

luns 15 de xullo de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas