Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

xoves 18 de xullo de 2019

Persoal das subcontratas de R Cable mobilizouse contra a deslocalización do emprego

Traballadores e traballadoras de compañías subcontratadas pola empresa de telecomunicacións R Cable mobilizouse o mércores na Coruña en defensa dos postos de traballo e contra a deslocalización do emprego fóra de Galicia.

Un momento da concentración

Un momento da concentración

Segundo denuncian CCOO, UGT e CIG, o proceso afecta especialmente ao servizo de mantemento e pon en risco máis de 500 postos de traballo. Os sindicatos reclaman a implicación activa das Administracións, especialmente a Xunta de Galicia.

A concentración, que tivo lugar diante da sede de R na rúa Real, prodúcese menos dunha semana despois da protagonizada polo cadro de persoal propio da empresa de telecomunicacións, que se mobilizou para rexeitar os despedimentos anunciados por Euskaltel, vinte e cinco en todo o Estado, dos cales dez en Galicia.

Persoal das subcontratas de R Cable mobilizouse contra a deslocalización do emprego

xoves 18 de xullo de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Igualdade
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros