Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Conferencia de Xuventude de Galicia

mércores 21 de agosto de 2019

Persoal das auxiliares de Endesa nas Pontes piden «solucións» á parálise da térmica

Traballadores e traballadoras das empresas auxiliares que prestan servizos para Endesa-As Pontes concentráronse hoxe ao mediodía para esixir «solucións» ante a parálise de catro meses na central térmica. A protesta, que durou unha hora, é «o comezo dun conflito que irá a máis, onde a solución non é fácil», afirmou Víctor Ledo, secretario xeral de CCOO-Industria de Galicia.

A parálise na central débese ao encarecemento da tonelada de emisión de CO2. Desde CCOO afirman que as solucións se deben atopar no ámbito político e sitúa a responsabilidade no Goberno do Estado, actualmente en funcións. «Chegamos a este punto debido a unha política enerxética e industrial errada», salientou Ledo.

En opinión do sindicalista, a transición enerxética «ha ser ordenada, sempre coa premisa de garantir os postos de traballo», e alertou do impacto das medidas nas comarcas en que asentan as industrias afectadas.

Persoal das auxiliares de Endesa nas Pontes piden «solucións» á parálise da térmica

mércores 21 de agosto de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Igualdade
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros