Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

venres 13 de setembro de 2019

A falta de acción e de compromiso da Xunta de Galicia é a responsable da situación de Isowat

  • CCOO insta as Administracións a buscar unha solución «urxente» para que continúen a produción e o emprego

O mediodía do xoves, uns douscentos traballadores e traballadores de industrias da comarca da Coruña apoiaron a concentración convocada polo comité de empresa de Isowat Made e CCOO de Industria diante da delegación da Xunta de Galicia na cidade herculina.

O persoal de Isowat advirte a Feijóo de que «remata o tempo»

O persoal de Isowat advirte a Feijóo de que «remata o tempo»

CCOO insta as Administracións, especialmente a Xunta de Galicia, a buscar unha solución «urxente» para que se produza a venda da empresa, de xeito que poidan continuar a produción e o emprego.

O secretario xeral de CCOO-Industria de Galicia, Víctor Ledo, sinalou que a delicada situación de Isowat se suma á da central térmica das Pontes ou o estaleiro vigués Factorías Vulcano. «As Administracións deberían defender, e non o fan, os sectores industriais, que son estratéxicos para o noso país».

Sobre Isowat e ante a fin do prazo do segundo expediente de regulación temporal de emprego (ERTE), Ledo anunciou que van «intensificar» as accións en defensa da viabilidade da compañía, amais de instar a Xunta a que faga o posible para que se concrete a venda.

Na mesma liña se pronunciou o presidente do comité de empresa, Cándido López (CCOO), que contrapuxo a situación en Galicia coa vivida en Castela e León coa venda de Made. «Alí, o Goberno autonómico acompañou o comprador ata conseguir a venda; aquí, pola contra, a Xunta non parece ter présa en facilitar os instrumentos financeiros para que se complete a operación».

A falta de acción e de compromiso da Xunta de Galicia é a responsable da situación de Isowat

venres 13 de setembro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros