Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

luns 16 de setembro de 2019

CCOO denuncia a conivencia da CIG coa patronal de serradoiros da Coruña e presentará unha proposta de convenio

  • A Federación de Construción e Servizos de CCOO denuncia a pasividade e conivencia, ou «comenencia », da CIG coa patronal de serradoiros da provincia da Coruña

Segundo a Federación de Construción e Servizos de Comisións Obreiras (FCS-CCOO), malia que a CIG ten a maioría sindical e é a primeira forza do sector (máis do 50 % de representatividade), non amosa interese ningún en iniciar as negociacións dun novo convenio e loitar por subas salariais.

CCOO presentará unha proposta de convenio para os serradoiros coruñeses | Foto: IwonaOlczyk-Pixabay

CCOO presentará unha proposta de convenio para os serradoiros coruñeses | Foto: IwonaOlczyk-Pixabay

Polo tanto, repítese a máxima de que a CIG, onde chega a ser a primeira forza sindical, demostra a maior incompetencia para sacar adiante as negociacións dos convenios e salarios, garantía de mantemento e mellora de dereitos.

CCOO lamenta a pasividade e conivencia, ou comenencia, da CIG coa patronal do sector. A Federación de Construción e Servizos non entende que intereses pode ter o sindicato maioritario para deixar morrer o convenio. Desde xaneiro deste ano non se promoveu ningunha nova xuntanza, nin se achegou borrador de novo convenio; tampouco se fixo proposta de incrementos salariais ou de dereitos.

Comisións Obreiras non vai consentir que, por culpa do desleixo da CIG, o persoal do sector na Coruña quede desprotexido, sen convenio actualizado nin suba salarial, que si teñen no resto do país. Por esta razón, nos próximos días Comisións remitiralle á patronal unha proposta de novo convenio, con suba salarial, para obrigar as partes a negociar.

CCOO denuncia a conivencia da CIG coa patronal de serradoiros da Coruña e presentará unha proposta de convenio

luns 16 de setembro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros