Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

luns 14 de outubro de 2019

Peche de traballadores das auxiliares de Endesa-As Pontes na oficina territorial da Coruña

  • O peche conta co apoio de CCOO, CIG e UGT e busca presionar para que se manteña o emprego nas auxiliares da central térmica

Durante esta mañá, uns trinta traballadores das empresas auxiliares de Endesa As Pontes pécharonse na oficina do director territorial noroeste de Endesa, Miguel Temboury, para esixir unha solución ao mantemento do seu emprego.

Imaxe do peche na Coruña

Imaxe do peche na Coruña

Os traballadores pechados reivindican garantías, cando menos, ata finais de ano, no marco das xestións que se están a facer para resolver a situación.

A Federación de Industria de CCOO salienta que o Plan Nacional de Transición Enerxética Xusta, no que participou o sindicato, recollía a necesidade de buscar solucións ao mantemeno do emprego nas empresas auxiliares do mesmo xeito que nas empresas centrais.

Peche de traballadores das auxiliares de Endesa-As Pontes na oficina territorial da Coruña

luns 14 de outubro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros