Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

luns 14 de outubro de 2019

Manifestación na Coruña o 22 de outubro contra o traslado de servizos e emprego iniciado por R Cable

  • Previamente, o mércores 16 de outubro, terá lugar ás 12 horas unha concentración na Coruña diante do edificio administrativo da Xunta en Monelos

Os sindicatos Comisións Obreiras, CGT, CIG e UGT convocan unha manifestación o vindeiro 22 de outubro, martes, para esixirlle a R Cable a paralización inmediata do traslado de servizos e emprego fóra de Galicia. Unha deslocalización que, no caso dos servizos de operación e mantemento de rede, previsiblemente se fará efectiva o 31 de outubro, afectando a numerosas empresas e a centos de traballadores e traballadoras en toda a provincia.

Na fotografía, manifestación na Coruña o pasado 25 de setembro

Na fotografía, manifestación na Coruña o pasado 25 de setembro

A manifestación partirá ás 19:00 horas da tenda de R situada na rúa Compostela (zona da praza de Lugo) e rematará fronte ao edificio de R Cable situado no Obelisco.

Previamente, o mércores 16 de outubro, haberá ás 12 horas unha concentración na Coruña diante do edificio administrativo da Xunta en Monelos, onde os sindicatos emprazarán por escrito o conselleiro de Industria, Francisco Conde, para que «exerza dunha vez a súa responsabilidade» e convoque unha reunión con todas as partes implicadas (R Cable, auxiliares, sindicatos e Administración) co obxectivo de abordar o futuro dos empregos.

Os sindicatos esixen que a Xunta se implique activamente no conflito para impedir que se consume esta deslocalización e para que obrigue a R Cable e a súa propietaria (Euskaltel) a negociar coa representación social.

A Xunta non pode inhibirse diante deste novo ataque ao emprego, ten que actuar para garantir os postos de traballo e a calidade duns servizos de telecomunicacións que se construíron a conta dos cartos públicos de todas as galegas e os galegos. A utilización dese diñeiro ten que reverter no noso desenvolvemento económico, social e tecnolóxico e non pode servir para que empresas privadas se lucren e incrementen beneficios a base avanzar na deslocalización da súa actividade e a precarización das condicións laborais.

Manifestación na Coruña o 22 de outubro contra o traslado de servizos e emprego iniciado por R Cable

luns 14 de outubro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros