Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

xoves 17 de outubro de 2019

CCOO non asinou o convenio de hostalaría de Lugo por manter salarios inferiores aos 14.000 euros anuais

  • A Federación de Servizos de Comisións Obreiras ratifícase na postura de non apoiar ningún convenio que non chegue aos mínimos pactados no Acordo de Emprego de Negociación Colectiva (AENC)

Comisións Obreiras (CCOO) non asinou o convenio de hostalaría de Lugo, recentemente publicado no Boletín Oficial da Provincia. A Federación de Servizos do Sindicato ratifícase na postura de non apoiar convenios con condicións inferiores ao recollido no Acordo de Emprego e Negociación Colectiva (AENC), un pacto estatal que fixa salarios anuais mínimos de 14.000 euros.

CCOO non asinou este convenio por ser inferior ao pactado no AENC

CCOO non asinou este convenio por ser inferior ao pactado no AENC

O convenio, que asinaron exclusivamente a patronal máis os sindicatos UGT e CIG, mantén salarios inferiores aos ditos 14.000 euros anuais en varias categorías, como auxiliar e axudante de recepción, oficial administrativo, auxiliar administrativo/telefonista ou axudante de cociña, entre outras.

Doutra banda, existe a posibilidade de que o Goberno que saia das urnas tras as eleccións do 10 de novembro acabe trasladando esas remuneracións mínimas do AENC ao salario mínimo interprofesional (SMI), co que toda a táboa salarial se vería afectada.

Durante o proceso de negociación, CCOO propuxo unha alternativa para apoiar o convenio e lograr esa equiparación salarial, que consistiría no incremento da terceira paga extra. Mentres que nos convenios da hostalaría da Coruña e de Pontevedra as tres son iguais e corresponden ao salario base mensual, a dita terceira paga en Lugo —chamada «de Santa Marta» por aboarse na festividade do sector— é de só sete días de salario base. Incrementándoa ata trinta días, mesmo as categorías peor remuneradas chegarían ao mínimo de 14.000 euros anuais.

CCOO non asinou o convenio de hostalaría de Lugo por manter salarios inferiores aos 14.000 euros anuais

xoves 17 de outubro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Lugo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Mariña - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros