Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

venres 18 de outubro de 2019

A comisión paritaria do metal de Pontevedra aclara cuestións importantes sobre o convenio

  • Cálculo da nocturnidade, a licenza por nacemento de fillas ou fillos e a dispensa por xubilación parcial

O Sindicato Comarcal de Industria de CCOO-Vigo dirixiuse á comisión paritaria do metal de Pontevedra para lle solicitar aclaracións sobre algúns puntos importantes do convenio que están a ser obxecto de controversia con certas empresas. Na súa resposta, a dita comisión confirma que a interpretación do sindicato era a axeitada, polo que CCOO se dirixirá á parte empresarial para esixir o cumprimento do asinado, tendo como aval o pronunciamento do órgano encargado de interpretar o texto normativo.

Con CCOO sáenche as contas

Con CCOO sáenche as contas

Canto ao concepto de 'nocturnidade', algunhas empresas tiñan unha suposta «dificultade de cálculo», ironiza CCOO. A comisión paritaria, amais de explicar o xeito correcto de facer o cálculo, achega tamén un exemplo práctico para que as empresas non poidan poñer escusa ningunha .

No que atangue á licenza por nacemento de fillos ou fillas, o convenio (artigo 31) fíxaa en tres días. Porén, a nova lexislación sobre o permiso de paternidade (RDL 6/2019, de 1 de marzo de 2019) sinala que o permiso de paternidade será de gozo obrigatorio nas dúas primeiras semanas a continuación do nacemento, polo que se solapa e invalida a licenza por nacemento que recolle o Estatuto dos Traballadores. A comisión dálle a razón a CCOO e sinala que os tres días de permiso que recolle o convenio se gozarán depois das ditas dúas semanas, ou ben ao remate das oito semanas que en total dura o permiso de paternidade. Con esta aclaración tamén se constata que a licenza pode ser utilizada pola nai após a baixa de maternidade.

Finalmente, canto á dispensa por acollerse á figura da xubilación parcial, CCOO denunciou na comisión paritaria a «mala fe» dalgunhas empresas á hora de aplicar o que recolle o convenio. Cómpre lembrar que o artigo da controversia, o 36, foi modificado por esixencia da autoridade laboral. Porén, a redacción tamén deixa claro que se deberán «respectar os acordos anteriores», isto é, o disposto con anterioridade no convenio.

A seguir indícase a redacción que se ha ter en conta:

Artigo 36. Xubilación Parcial. Parágrafo 3.º:

A porcentaxe da xornada que corresponde de traballo efectivo acumularase nos meses inmediatamente seguintes á xubilación parcial e á xornada completa. Porén, a empresa poderá optar por retribuír sen esixir a cambio a prestación efectiva de servizos e sen prexuízo da seguinte escala de bonificacións:
1- Con 30 anos ou máis de antigüidade na empresa, recoñécese unha dispensa absoluta.
2- Con 20 anos de antigüidade, dispensa do 75% do tempo de traballo.
3- Con 10 anos de antigüidade, dispensa do 50% do tempo de traballo.
4- Todo isto sen prexuízo do acordo a que poidan chegar o/a traballador/a e a empresa.
5- Ata que o traballador/a xubilado/a parcialmente chegue á idade ordinaria de xubilación, a empresa deberá manter un contrato de substitución nos termos previstos no artigo 12.6 do ET.

A comisión paritaria do metal de Pontevedra aclara cuestións importantes sobre o convenio

venres 18 de outubro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Igualdade - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade
O teu sindicato - Federacións Nacionais - Pensionistas e Xubilados - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros