Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

xoves 7 de novembro de 2019

CCOO e UGT mobilízanse en defensa do Sistema de Atención á Dependencia

  • Ambos os dous sindicatos denuncian que aos problemas administrativos se suma a falta de interese patronal para negociar un convenio «digno»

​A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia e a Federación de Servizos Públicos de UGT-Galicia mobilizáronse este xoves, día 7, en defensa do Sistema de Atención á Dependencia. Ambos os dous sindicatos alertan de que se trata dun servizo «esencial para a sociedade» que, porén, está «en perigo de extinción». Tamén denuncian que aos problemas administrativos se suma a falta de interese patronal para negociar un convenio colectivo «digno». Por esta razón, convocaron unha protesta diante da Confederación de Empresarios de Galicia, en Santiago de Compostela.

Un momento da protesta diante da Confederación de Empresarios de Galicia

Un momento da protesta diante da Confederación de Empresarios de Galicia

Tras trece anos de vixencia da Lei da dependencia, CCOO e UGT sinalan que a día de hoxe hai case que «dezasete leis de dependencia», pois cada comunidade autónoma desenvolveu unha normativa distinta para a súa aplicación, con prezos diferentes e servizos xestionados baixo distintas fórmulas.
Ante a falta dun servizo público que sexa suficiente para xestionar as prestacións que a dita lei outorga como dereito subxectivo, é o sector privado o que fornece a maioría dos servizos —centros residenciais, centros de día e noite e servizo de axuda a domicilio, entre outros.

As empresas, ao non obteren os ingresos esperados pola falta de financiamento, utilizan «o camiño máis sinxelo para a obtención de beneficios»: aumentan a xornada, diminúen o salario, recortan dereitos, incrementan a precariedade e rebaixan a estabilidade laboral.

Este sector está totalmente feminizado —ao redor do 90 % das persoas que traballan nel son mulleres—, cun emprego mormente precario, xornadas parciais e partidas, amais da proliferación de doenzas musculoesqueléticas e do sistema nervioso.

Esta situación vese agravada pola negativa patronal a negociar un convenio «digno», que aumente os baixos salarios do sector. CCOO e UGT sinalan como mínimo o que recolle o IV Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (AENC), que insta a que en 2020 non haxa ningún traballador ou traballadora que cobre menos de mil euros mensuais en catorce pagas. A realidade do sector, a día de hoxe, inclúe salarios de catro euros a hora de traballo, facendo vinte ou corenta horas semanais, isto é, entre 320 e 640 euros, moi por baixo do SMI para este ano, fixado en 900 euros.

CCOO e UGT mobilízanse en defensa do Sistema de Atención á Dependencia

xoves 7 de novembro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros