Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Conferencia de Xuventude de Galicia

luns 9 de decembro de 2019

Máis dun 80% de seguimento da folga en Extel contra os despedimentos por enfermar

Masivo seguimento da folga en Extel contra os despedimentos por enfermar. O paro, convocado por CCOO, CGT e CIG, serviu para rexeitar as prácticas antisociais da empresa, que se aproveita da marxe legal da recente sentenza do Tribunal Constitucional que avala o despedimento das persoas que estean de baixa médica.

Concentración ás portas da empresa

Concentración ás portas da empresa

Segundo a Sección Sindical de CCOO, desde o pasado mes de novembro xa foron despedidas cinco persoas mediante esta fórmula. A empresa xustifica a súa decisión en que o Estatuto dos Traballadores o permite. En concreto, trátase do artigo 52.d que, se ben ten case corenta anos, foi endurecido no 2012 mediante a reforma laboral do PP ao se suprimir a referencia ao volume de ausencias totais no centro de traballo.

Con isto, individualízase totalmente o cómputo e culpabilízase a persoa traballadora polo feito de exercer o dereito a unha recuperación efectiva no caso de enfermidades de orixe común, entre outros dereitos.

Para CCOO é inaceptable que EXTEL se negue a recibir os partes de repouso e que, ademais, esixa poñer hora de entrada e de saída das consultas médicas no Servizo Galego de Saúde.

Máis dun 80% de seguimento da folga en Extel contra os despedimentos por enfermar

luns 9 de decembro de 2019

Ligazóns de interese relacionadas

Galería de imaxes

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Saúde Laboral - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade