Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Conferencia de Xuventude de Galicia

mércores 11 de decembro de 2019

12 de decembro: folga no ensino pola recuperación de dereitos e a devolución do horario lectivo

  • Manifestación nacional en Santiago de Compostela o xoves, ás 12 horas, desde a praza de Cervantes ata a sede da Consellaría de Educación

O profesorado galego do ensino público non universitario está chamado mañá xoves, 12 de decembro, a unha xornada de folga pola recuperación do horario lectivo. Baixo o lema «Son horas, son dereitos», esixirán a recuperación dos horarios lectivos de 21 horas en primaria e de 18 en secundaria, isto é, os horarios previos aos recortes do ano 2012.

Manifestación nacional en Santiago de Compostela. Ás 12 horas desde a praza de Cervantes

Manifestación nacional en Santiago de Compostela. Ás 12 horas desde a praza de Cervantes

O profesorado galego vén sufrindo un recorte xeneralizado dos seus dereitos laborais desde o ano 2009, do mesmo xeito que a maioría da sociedade galega. A crise económica converteuse nunha escusa para recortarlle dereitos á clase traballadora e para limitar o peso do sector público.

A ampliación do horario do profesorado de infantil, primaria e educación especial foi aplicada no ano 2011 polo Goberno de Feijóo, adiantándose aos recortes xeneralizados que se aplicaron no ano seguinte en todo o Estado. Foi no 2012 cando, por primeira vez desde a transición, un goberno central invade as competencias dos gobernos autónomos e lexisla sobre o horario lectivo do profesorado, elevando a mínimos os 20 períodos lectivos en secundaria e os 25 en primaria.

Manifestación nacional

Os sindicatos que convocan a folga (CCOO, CIG, UGT, ANPE, CSIF e STEG) chaman tamén a participar na manifestación nacional que partirá o xoves ás 12 horas da praza de Cervantes, en Santiago de Compostela, e rematará diante da Consellaría de Educación, no complexo administrativo de San Caetano.
 

12 de decembro: folga no ensino pola recuperación de dereitos e a devolución do horario lectivo

mércores 11 de decembro de 2019

Ligazóns de interese relacionadas

Manifesto pola recuperación de dereitos e a devolución do horario lectivo do profesorado galego [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade