Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Conferencia de Xuventude de Galicia

venres 13 de decembro de 2019

A Xustiza dálle a razón a CCOO e obriga a ampliar a carreira profesional do Sergas aos colectivos excluídos

  • A Federación de Sanidade de CCOO valorará en detalle a sentenza na conferencia de prensa que terá lugar o próximo luns, 16 de decembro, ás 11:30 horas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) dálle a razón á Federación de Sanidade de CCOO e obriga a ampliar a carreira profesional do Sergas aos colectivos que estaban excluídos. A sentenza estende o ámbito de aplicación a todo o persoal que cumpra os requisitos de permanencia e servizos prestados, con independencia da natureza ou duración do seu vínculo laboral.

A Xustiza dálle a razón a CCOO

A Xustiza dálle a razón a CCOO

O alto tribunal «corrixe a discriminación» pactada entre o Sergas e os sindicatos CIG, UGT, CSIF, SATSE e CESM, que, segundo CCOO, «deixaba fóra máis da metade dos traballadores e traballadoras». Este fora o motivo polo que Comisións Obreiras se negou no seu momento a asinar o acordo de carreira profesional.

Ademais, o sindicato xa advertira de que había sentenzas noutras comunidades autónomas que prohibían discriminar o persoal temporal ou interino. Por esta razón, hai un ano presentou a demanda no TSXG, cuxa sentenza se coñece agora.

Conferencia de prensa

CCOO valorará en detalle o alcance e efectos desta sentenza nunha conferencia de prensa o próximo luns, día 16 de decembro.

A Xustiza dálle a razón a CCOO e obriga a ampliar a carreira profesional do Sergas aos colectivos excluídos

venres 13 de decembro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas