Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Conferencia de Xuventude de Galicia

venres 14 de febreiro de 2020

CCOO aproba a plataforma reivindicativa para o convenio do metal da provincia de Pontevedra

  • Os sindicatos presentes na mesa de negociación presentarán cadansúa plataforma na xuntanza do vindeiro 20 de febreiro

As delegadas e delegados de CCOO no sector do metal da provincia de Pontevedra aprobaron na reunión do xoves, 13 de febreiro, a plataforma reivindicativa que este sindicato levará á mesa de negociación. A dita mesa reunirase o vindeiro 20 de febreiro, e cada organización presentará a súa plataforma para o convenio provincial.

Na imaxe, asemblea do sector do metal o pasado mes de xaneiro

Na imaxe, asemblea do sector do metal o pasado mes de xaneiro

A plataforma de CCOO procura avanzar en cuestións tan importantes como a mellora salarial; a actualización dos puntos relativos á igualdade, á conciliación e ás licenzas; a necesidade de reducir a xornada laboral e regular mellor os desprazamentos.

Combater a precariedade é outro dos obxectivos fundamentais. Para isto, cómpre aumentar as porcentaxes de persoal indefinido nas empresas, eliminar o recurso ás ETT e aos centros especiais de emprego, así como regular a subcontratación.

Outras reivindicacións son a cobertura do 100 % das baixas por enfermidade, a recuperación da antigüidade e avanzar en materia de seguridade e saúde laboral.

CCOO pide unha negociación áxil

CCOO insiste na necesidade de que a negociación do convenio sexa «áxil», de tal xeito que a suba salarial «chegue canto antes», xa que moitas das empresas do sector son pequenas, sen representación.

Seguimos insistindo na necesidade de realizar unha negociación áxil, que permita que a suba salarial chegue canto antes aos cadros de persoal.

Por último, CCOO fai un chamamento a que a negociación sexa «leal» co conxunto dos traballadores e trabaladoras do sector e insta a CIG, que non asinou ningún dos últimos cinco convenios, a abordar esta negociación «coa seriedade que merece».

CCOO aproba a plataforma reivindicativa para o convenio do metal da provincia de Pontevedra

venres 14 de febreiro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade