Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

martes 18 de febreiro de 2020

CCOO insta o Concello da Coruña a sancionar a OHL-INGESAN, concesionaria de dous lotes do servizo de axuda a domicilio

  • A empresa foi sancionada pola Inspección de Traballo por incumprir a normativa laboral

A Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia insta o Concello da Coruña a «cumprir coa súa obriga» e sancionar por incumprimentos laborais «graves» a empresa OHL-INGESAN, concesionaria de dous lotes do servizo de axuda a domicilio.

A sanción municipal podería ir desde unha contía económica ata a retirada do servizo, en función do que decida o órgano de contratación.

CCOO lembra que os incumprimentos da empresa en materia laboral xa foron causa dunha sanción por parte da Inspección de Traballo e Seguridade Social. Entre as cuestións sancionadas, o sindicato cita:

- o incumprimento da xornada mínima de 25 horas semanais;
- non respectar o descanso legal entre xornadas (12 horas);
- non respectar o descanso semanal obrigatorio (48 horas);
- non respectar os cuadrantes legais das persoas que traballan a tempo parcial;
- o incumprimento grave e reiterado no tempo da normativa de prevención de riscos, así como os requirimentos da Inspección nesta materia;
- non respectar os dereitos fundamentais da representación legal do cadro de persoal.

Por último, a Federación de Construción e Servizos de CCOO anuncia o comezo dun calendario de mobilizacións para esixirlle á empresa que cambie de actitude e cumpra integramente a normativa laboral.
 

CCOO insta o Concello da Coruña a sancionar a OHL-INGESAN, concesionaria de dous lotes do servizo de axuda a domicilio

martes 18 de febreiro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade