Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

mércores 20 de maio de 2020

CCOO-Servizos non asina o ERTE de Adolfo Domínguez

Despois de varias reunións da dirección de Adolfo Domínguez e as centrais sindicais con representación na empresa, a Federación de Servizos de CCOO decidiu non asinar o acordo do ERTE que propoñía a compañía.

CCOO-Servizos non asina o ERTE de Adolfo Domínguez

CCOO-Servizos non asina o ERTE de Adolfo Domínguez

Inicialmente, entendemos que a decisión de abrir o período de consultas para un ERTE por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción era precipitada porque, sen estar claro como se desenvolverían as fases de desescalada nas diferentes comunidades autónomas ou provincias, era imposible negociar os criterios dun ERTE ecuánime e que impedise que as persoas con contratos máis precarios se visen máis prexudicadas pola súa aplicación.
 
Por outra banda, tamén desde o inicio expresamos a nosa prioridade para que nestes criterios prevalecese a prevención de riscos e a seguridade do persoal.
 
Non asinamos o acordo ao entendermos que as pretensións da empresa non cumpren con eses criterios, e fundamentámonos nas seguintes circunstancias:
 
— Preocúpanos especialmente como se poderán cumprir as medidas preventivas establecidas pola autoridade sanitaria, coa participación de CCOO, os sindicatos máis representativos e as patronais do sector. Coa presenza mínima nas tendas prevista pola empresa, unha única persoa tería que desempeñar diferentes funcións habituais, levar a tenda e responsabilizarse de que a clientela cumpra as medidas preventivas; isto sería moi complicado, por non dicir imposible.

— Preocúpanos a implantación de quendas partidas, xa que facilita a contaminación cruzada, complica a obrigatoriedade de dúas desinfeccións diarias e salta as indicacións do Goberno con respecto á posibilidade de controlar a rastrexabilidade en caso de contaxios.

— Preocúpanos non ter contestación ás nosas propostas respecto da ventilación e aire acondicionado dos centros de traballo, de uniformes suficientes para cumprir coa obriga de desinfectalos cada día cun lavado entre 60º e 90º, de colocación de anteparos e outras medidas presentadas.

— Preocúpanos que o ERTE non sexa rotativo, deixando desprotexidos durante toda a súa duración os contratos de tempo parcial, que só cobrarían unha prestación do 70 % da base de cotización.

— Preocúpanos que a empresa propoña que o persoal de limpeza sexa o último en ser desafectado do ERTE, cando nunha situación de pandemia por motivos sanitarios deben prevalecer a limpeza e a desinfección.

— Preocúpanos que a empresa nin sequera valorase a solicitude de complementar a prestación por desemprego, tamén que non aceptase abonar a totalidade das pagas extras sen desconto, a pesar de que presentamos a posibilidade de que non se fixese neste momento e se aprazase o pagamento ata a saída desta situación. 

Desde a Federación de Servizos de CCOO fomos proactivos, presentamos documentos e propostas en cada unha das reunións, pero ningunha foi escoitada e, nesta situación, é imposible asinar ningún acordo, xa que a pretensión da Dirección é actuar como unha apisoadora e que aceptemos todas as súas medidas sen discusión.

CCOO-Servizos non asina o ERTE de Adolfo Domínguez

mércores 20 de maio de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas