Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

martes 26 de maio de 2020

A FSC-CCOO acusa a Once de despedir persoal ao tempo que deriva os seus produtos a outras canles de venda

  • O sindicato lembra que a oenegué recibe múltiples beneficios e cuantiosas subvencións mentres despide persoal e precariza as condicións de traballo

A sección sindical intercentros da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO na Once acusa a oenegué de precarizar as condicións de traballo e despedir persoal por realizar «poucas vendas» ao tempo que deriva os seus produtos a canles de venda complementarias, como oficinas de Correos, gasolineiras, estancos, hipermercados ou bares.

Quiosco da Once | Fotografía de Pedro M. Martínez Corada (Wikipedia)

Quiosco da Once | Fotografía de Pedro M. Martínez Corada (Wikipedia)

O sindicato pide a intervención das Administracións públicas, xa que a Once obtén pingües beneficios e recibe cuantiosas subvencións polo seu labor social, «pero o certo é que se está lucrando das persoas con discapacidade».

Para a FSC-CCOO, esta situación é aínda máis reprobable «nos tempos incertos que nos toca vivir por mor da COVID-19». Por esta razón, o sindicato esixe a fin da externalización da venda, pois entende que priva o persoal da oenegué de parte do seu traballo e vai en contra da finalidade social da entidade.


 

A FSC-CCOO acusa a Once de despedir persoal ao tempo que deriva os seus produtos a outras canles de venda

martes 26 de maio de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas