Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

venres 26 de xuño de 2020

O comité de empresa de Froiz na provincia da Coruña esixe xornadas de traballo continuas

  • Durante a pandemia, a cadea de distribución xeneralizou as xornadas continuas, pero agora volve á xornada partida ou mixta

O comité de empresa de Froiz na provincia da Coruña convocou este mediodía unha concentración na cidade herculina para esixir xornadas de traballo continuas, de xeito que se facilite a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Un momento da concentración de hoxe

Un momento da concentración de hoxe

Actualmente, existen dúas modalidades de xornada nos centros de Froiz na provincia: partida e mixta. Neste segundo caso, o persoal goza de catro días con xornada continua e outros dous con xornada partida.

Durante a pandemia da COVID-19, unha das medidas adoptadas pola empresa foi a xeneralización da xornada continua para todo o persoal. Malia se tratar dunha situación puntual, demostrouse que organizativamente era posible que todas as traballadores e traballadoras gozasen desta modalidade de xornada.

Porén, Froiz comezou xa a retirar esa fórmula e volve á situación previa, ao que se opoñen os sindicatos CCOO —maioritario no comité provincial—, UGT e CIG.

O comité de empresa de Froiz na provincia da Coruña esixe xornadas de traballo continuas

venres 26 de xuño de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Igualdade - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade