Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

xoves 2 de xullo de 2020

Os principais partidos apoian as reivindicacións dos centros residenciais

As organizacións sindicais CCOO, CIG, CSIF e UGT mantiveron hoxe unha xuntanza con representantes do PSOE, BNG, En Común e Marea Galeguista. O PP, que tamén estaba convocado, non asistiu á xuntanza. As restantes formacións expresaron o seu apoio ao persoal dos centros residenciais que dependen da Consellaría de Política Social, que este xoves cumpriron seis semanas de mobilizacións.

Concentración en Ferrol

Concentración en Ferrol

Os sindicatos pedíronlles aos partidos políticos a defensa dos servizos sociais públicos e de xestión directa, incrementando as prazas e os cadros de persoal; a recuperación dos dereitos recortados no ano 2012, recoñecendo e compensando o traballo en domingos e festivos; e a eliminación da taxa de reposición, para eliminar a elevada temporalidade.

Os principais partidos apoian as reivindicacións dos centros residenciais

xoves 2 de xullo de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas