Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

venres 3 de xullo de 2020

CCOO asina un acordo para reforzar as medidas preventivas e compensar o persoal de Lidl polo esforzo realizado durante o estado de alarma

  • O pacto beneficia a uns oitocentos traballadores e traballadoras en Galicia

Tras a folga convocada en solitario por CCOO-Servizos, a dirección de Lidl España rectificou e decidiu sentar a negociar co sindicato. O resultado é un acordo que reforza as medidas de prevención nos centros de traballo da cadea de supermercados e compensa tamén o esforzo realizado polo persoal desde que se estableceu o estado de alarma.

Concentración nun Lidl de Vigo durante a xornada de folga do 4 de xuño

Concentración nun Lidl de Vigo durante a xornada de folga do 4 de xuño

Entre as medidas preventivas cabe destacar o compromiso da empresa por controlar a cabida das tendas e a creación dunha comisión de seguimento COVID-19 para xestionar os posibles brotes e actuar en consecuencia. Por outra banda, chegouse tamén a un acordo para xestionar as horas negativas, isto é, as horas en que non se puido traballar pola redución do horario das tendas durante o estado de alarma.

CCOO-Servizos valora de forma moi positiva este acordo, tanto polo seu contido, como por representar a finalización deste conflito colectivo e o cambio de actitude da empresa. Lidl ten aproximadamente oitocentos traballadores e traballadoras en Galicia e CCOO é o sindicato maioritario, con 16 delegados e delegadas, que supoñen a metade da representación sindical na empresa.

CCOO asina un acordo para reforzar as medidas preventivas e compensar o persoal de Lidl polo esforzo realizado durante o estado de alarma

venres 3 de xullo de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas