Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

xoves 16 de xullo de 2020

Protesta diante da Xunta para pedir a destitución da conselleira de Política Social

  • CCOO, CIG, CSIF e UGT concentráronse diante da sede do Goberno galego e dos centros que dependen do departamento de Fabiola García

Os sindicatos CCOO, CIG, CSIF e UGT concentráronse hoxe diante da sede da Xunta para pedir a destitución da conselleira de Política Social, Fabiola García. Así mesmo, por oitava semana consecutiva houbo concentracións diante dos centros de traballo que dependen deste departamento.

Os sindicatos piden a destitución da conselleira de Política Social

Os sindicatos piden a destitución da conselleira de Política Social

As catro organizacións lamentan que a conselleira se negara ata o momento a recibir a representación legal do persoal para negociar unha saída a este conflito, no que reclaman:

— A aposta decidida por uns servizos sociais públicos, dignos e de calidade.
— O incremento de prazas públicas e de xestión directa.
— A recuperación das compensacións por festivos e domingos traballados.
— A transformación de todos os contratos de fin de semana ou inferiores noutros a xornada completa.
— A posta en valor do traballo e o esforzo realizado durante a situación de emerxencia sanitaria e a mellora das condicións laborais. 

Protesta diante da Xunta para pedir a destitución da conselleira de Política Social

xoves 16 de xullo de 2020

Ligazóns de interese relacionadas

Galería de imaxes

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade