Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Información sindical sobre a crise sanitaria do coronavirus

mércores 29 de xullo de 2020

Folga indefinida do persoal técnico de prevención de incendios forestais a partir do 1 de agosto

A folga atinxe ao persoal enxeñeiras e enxeñeiros técnicos forestais e de montes da Consellaría do Medio Rural que reivindica un novo acordo que regule as súas condicións de traballo

Cartaz

Cartaz

Os sindicatos reivindican un novo acordo laboral que inclúa un aumento do cadro de persoal —para garantir os descansos legais sen que se resinta o servizo—; a redución do horario anual —supera as 2000 horas—; a regulación do traballo en fins de semana, festivos, gardas e descansos compensatorios; ou garantir quince días de vacacións no verán ou recoñecer a segunda actividade e coeficientes redutores para a xubilación anticipada.
 
Tamén piden melloras organizativas que atanguen á distribución da carga de traballo; maior organización entre a xestión de montes, a prevención e loita contra incendios forestais e a xestión do persoal adscrito aos distritos forestais; eliminar a dispoñibilidade absoluta das xefas ou xefes de distrito; así como establecer un segundo xefe ou xefa de garda por distrito forestal.

Folga indefinida do persoal técnico de prevención de incendios forestais a partir do 1 de agosto

mércores 29 de xullo de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas